Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia toma posicións para a análise do marco ético e normativo da intelixencia artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia toma posicións para a análise do marco ético e normativo da intelixencia artificial

Redacción
Publicado: 27/04/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20220427_intelixencia_artificial.jpgO traballo conxunto da Xunta e das tres universidades galegas para analizar o impacto das tecnoloxías intelixentes na cidadanía e no tecido empresarial, así como para identificar os marcos éticos e normativos axeitados para garantir os dereitos das persoas, consolidan a Galicia nunha posición de vangarda na aplicación da intelixencia artificial.
Representantes de Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia reuníronse hoxe en Santiago cos responsables de sete grupos de investigación das universidades galegas para avanzar na elaboración do Estudo do marco ético-normativo e o potencial impacto do uso das tecnoloxías intelixentes. Este traballo é o resultado do convenio de colaboración asinado o pasado mes de febreiro pola Xunta e os reitores das tres universidades galegas.
Ao inicio da sesión, a directora da AMTEGA, Mar Pereira, destacou que “o obxectivo deste estudio é o de ser a guía para o deseño das actuacións que a Xunta de Galicia debe poñer en marcha para garantir a adopción dunha IA ética e fiable”.
Este convenio forma parte do desenvolvemento da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial (EGIA), aprobada en xuño de 2021, que promove o despregamento en Galicia dunha IA de vangarda, ética e segura, que contribúa á soberanía dixital de Europa. Nesta liña, o Parlamento Europeo e a Comisión Europea acadaron a pasada semana consenso sobre a Lei de Servizos Dixitais para garantir os dereitos da cidadanía no entorno das tecnoloxías da información e a comunicación.
Así mesmo, Galicia, a Comunidade Valenciana e Cataluña son as tres únicas comunidades do Estado que dispoñen dunha estratexia propia para a aplicación da Intelixencia Artificial.

Contidos
  • Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial
  • Nodo galicIA

Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial

O desenvolvemento deste convenio, único entre as comunidades autónomas españolas, está aliñado co ofrecemento de Galicia para acoller a sede da Axencia Española de Supervisión da Axencia Artificial. Trátase dun organismo de nova creación anunciado polo Estado para este ano no contexto de descentralización de novos entes públicos.
A Axencia estará adscrita á Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, dentro do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. Encargarase de crear medidas para protexer á cidadanía dos posibles riscos que se deriven desta tecnoloxía, tanto no que se refire á súa seguridade física como a dos dereitos fundamentais. Para elo, este órgano terá capacidade para levar a cabo actuacións propias en coordinación con outras autoridades competentes o en apoio de entidades privadas.

Nodo galicIA

Ademais do desenvolvemento do marco ético e normativo, entre os obxectivos principais da EGIA está tamén a creación do nodo galicIA, como estrutura de colaboración público-privada promovida pola Xunta e conformada por todos os axentes con vontade de situar a esta Comunidade á vangarda das tecnoloxías intelixentes.
Na reunión de hoxe participou a directora da AMTEGA, Mar Pereira, xunto aos coordinadores dos grupos de investigación das universidades.
A aportación da Universidade de Santiago de Compostela está centrada no ámbito do estudio do marco ético e normativo. Na sesión de traballo de hoxe participaron Luis Míguez Macho, catedrático de Dereito Administrativo, en representación do grupo de Empresa e Administración; Alberto Xose Bugarín, catedrático en Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial , en representación do grupo de Sistemas Intelixentes, e Luis Otero González, profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, en representación do grupo de Valoración Financeira Aplicada.
A Universidade da Coruña centra a súa aportación no ámbito de estudo relativo á análise de estratexias e construción de indicadores. Na sesión de hoxe participaron María Isabel Novo Corti, catedrática de Análise Económica , en representación do grupo de Desenvolvemento Económico e Sustentabilidade Social (EDaSS); Xosé Andrés Faíña Medín, catedrático Emérito de Economía, en representación do grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento, e María Amparo Alonso Betanzos, catedrática en Ciencias da Computación , en representación do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?