Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia TurisTIC, novo centro de servizos avanzados en Vilagarcía de Arousa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia TurisTIC, novo centro de servizos avanzados en Vilagarcía de Arousa

Redacción
Publicado: 03/05/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20220503_galicia_turistic.jpgO director do Igape, Fernando Guldrís, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiron esta mañá en Vilagarcía de Arousa á inauguración do novo Centro de Servizos Avanzados Galicia TurisTIC, que nace na procura de configurarse como un polo tecnolóxico para impulsar a dixitalización do sector, contribuír á creación de emprego de calidade e reter talento tanto na comarca do Salnés como en toda Galicia.
A iniciativa forma parte dos sete centros de fabricación avanzada que está a impulsar a Xunta de Galicia grazas á colaboración público-privada a través dun investimento de case 27 M€ –a Xunta achega preto do 76 %–. O obxectivo principal é potenciar sectores como o turismo, o agroalimentario, o loxístico, o biotecnolóxico ou o das TIC para ofrecer toda unha infraestrutura de recursos e servizos tecnolóxicos ás pemes galegas.
“Estamos a falar de fábricas compartidas, centros loxísticos e de fabricación avanzada ou espazos especializados para modernizar e desenvolver a base industrial da zona na que se sitúen, con especial énfase na sustentabilidade”, destacou Guldrís, quen lembrou que o “éxito desta primeira experiencia” levou ao Goberno galego a promover unha nova consulta entre o tecido produtivo da que se recibiron dez manifestacións de interese encamiñadas a impulsar novos centros de fabricación avanzada.
Neste escenario, Galicia TurisTIC nace para fomentar a creación de produtos, servizos e empresas de base tecnolóxica na cadea de valor da industria turística galega. Así, a idea é conxugar innovación, emprendemento e formación a partir da dixitalización.
Para acadar este obxectivo, o novo centro, salientou Guldrís, suma máis de 275 metros cadrados que comprenden tres laboratorios –de intelixencia artificial e big data; de dispositivos intelixentes; e de realidade virtual e aumentada–; unha área de formación no eido tecnolóxico; unha área de demostración para clientes públicos e privados; e outra área de emprendemento para startups.
Esta iniciativa, que financiou ao 100 % a Xunta de Galicia a través dun investimento de preto de 400.000 euros, xorde do traballo conxunto entre administracións autonómica e local e empresas e entidades como o Clúster de Turismo de Galicia e o Clúster TIC de Galicia; a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía; a Autoridade Portuaria de Vilagarcía, e a Mancomunidade do Salnés.
“A aspiración é que o talento emprendedor, o tecido empresarial e as administracións teñan á súa disposición un banco de probas para introducir mellores produtos e servizos”, detallou o director do Igape, quen resaltou que a localización do centro da comarca do Salnés non é casualidade: “Este é un lugar onde se lle confire unha importancia destacada ao turismo e por iso a súa localización en Vilagarcía é unha fortaleza; unha comarca na que o turismo, e o sector servizos en xeral, son piares fundamentais para a súa economía”.
Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o peso do turismo na economía galega e destacou as medidas postas en marcha desde a Xunta de Galicia para seguir modernizando este sector. “Cremos que un dos piares máis importantes para o sector turístico é a formación e a innovación, tal e como amosa o noso Plan Director Galicia Destino Seguro 2021-2023, unha folla de ruta que está a guiar a nosa recuperación”, sinalou. Tamén engadiu que no marco deste plan púxose en marcha a Aceleradora de Proxectos Turísticos da Xunta de Galicia, que agora está a celebrar a súa segunda edición e que, de feito nestes días dará a coñecer as 10 startups que finalmente se acelerarán no marco do proxecto de aposta pola innovación e as novas tecnoloxías no ámbito turístico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?