Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG pon a disposición das autoridades o seu Corpo Oficial de Peritos para solucionar calquera risco de ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG pon a disposición das autoridades o seu Corpo Oficial de Peritos para solucionar calquera risco de ciberseguridade

Redacción
Publicado: 03/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) amosa a súa preocupación polos ataques cibernéticos que sufriron os teléfonos móbiles do presidente do Goberno de España e a ministra de Defensa polo sistema Pegasus. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, explica que Pegasus é un software espía feito para gobernos e as súas forzas e corpos de seguridade. Funciona dun xeito semellante aos virus informáticos, pero coa particularidade de que non é necesario facer ningunha acción para infectar o dispositivo, principalmente móbiles, dos usuarios.
Para protexerse deste sistema espía, Fernando Suárez recomenda ás autoridades, empresas e cidadáns aplicar o sentido común, desconfiando de calquera mensaxe sospeitosa que poida chegar ao teléfono móbil. Ante calquera dúbida, recomenda consultar coa empresa figurante na mensaxe ou cun experto en ciberseguridade, como son os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, que dispoñen de grupos especiais dedicados a esta tarefa; o Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE); o Centro Criptológico Nacional (CCN) –adscrito o Centro Nacional de Inteligencia (CNI)–; ou a través do Corpo Oficial de Peritos (COP) do CPEIG onde o usuario poderá solicitar a intervención dun profesional enxeñeiro en informática con coñecementos e formación para solucionar calquera risco ou problema desta índole.
O COP é o conxunto dos enxeñeiros e enxeñeiras habilitados para exercer como perito informático. O CPEIG mantén unha lista única de peritos que se pon a disposición dos axentes xudiciais. Pare solicitar unha peritaxe, a persoa ou entidade interesada pode poñerse en contacto coa Comisión de Peritaxes e Arbitraxes do CPEIG.
O presidente do CPEIG sinala que, unha vez instalado, o software Pegasus permite acceder a practicamente todos os contidos do dispositivo móbil, sexan fotografías, mensaxes, documentos, ao tecleo do teléfono, e mesmo acceder de maneira remota á activación da cámara e micrófonos en tempo real. Tamén apunta que con este software pódense xerar novos contidos a maiores dos que existen no propio teléfono, como facer capturas de pantalla, revisar calquera tipo de historial de navegación por internet, ver os contidos aos que accedeu o usuario, en resumo, “espiar toda a nosa vida xa que vivimos nunha sociedade na que practicamente almacenamos todo nos nosos dispositivos móbiles”, lembra.
Ademais, Fernando Suárez destaca que este sistema non se pode detectar ao estar feito especificamente para este cometido. “É un software moi avanzado que se enmascara no propio sistema operativo do teléfono móbil. Non é preciso facer ningunha acción, e non aparece ningunha icona de instalación”, asegura. E comenta que a única maneira de poder detectalo é a través dun rendemento un pouco inferior do dispositivo, pero moitas veces achácase esta perda a calquera outra función ou aplicación que está instalada no móbil. “É indetectable, actualízase automaticamente e mesmo pódese eliminar en remoto sen interacción do usuario, feito polo que se considera tamén irrastrexable”, lamenta.
En canto ao seu control, Fernando Suárez subliña que o única esperanza é confiar nas boas prácticas da empresa creadora desta aplicación, NSO Group, para que só lla venda a gobernos con obxectivos lícitos destinados á persecución da ciberdelincuencia ou perseguir casos de terrorismo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?