Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ábrese a selección de proxectos emprendedores que impulsará o polo de aceleración dos videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ábrese a selección de proxectos emprendedores que impulsará o polo de aceleración dos videoxogos

Redacción
Publicado: 11/05/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

polo_aceleracion_videoxogos.jpgO Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para a selección dos proxectos emprendedores que recibirán o impulso do Polo de aceleración do sector dos videoxogos, que a Xunta acaba de poñer en marcha ao abeiro do seu Hub Audovisual da Industria Cultural. A asociación Videoxogo.gal será a encargada de xestionar as diferentes accións deste novo programa, de acordo co convenio de colaboración asinado recentemente coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade por importe de 360.000 euros.
Tal e como especifica a convocatoria, 290.000 euros destinaranse especificamente ao desenvolvemento das actividades mediante as que se lles facilitarán ás empresas e profesionais participantes as ferramentas necesarias para axilizar a saída ao mercado dos seus produtos, así como a súa consolidación.

Contidos
  • Solicitude ata o 13 de xuño
  • Próxima convocatoria de axudas ao desenvolvemento

Solicitude ata o 13 de xuño

Poden optar a integrarse no polo aquelas novas empresas, físicas ou xurídicas, con menos de 10 meses de actividade en calquera dos ámbitos da cadea de valor da industria dos videoxogos e contidos interactivos, sempre que o seu traballo se desenvolva maioritariamente en Galicia. O prazo de solicitude comeza mañá e permanecerá aberto ata o vindeiro 13 de xuño.
Unha comisión de valoración, para a que se contará con profesionais de recoñecido prestixio no sector, será a encargada de seleccionar os proxectos de acordo cunha serie de criterios de valoración que teñen que ver tanto coa calidade das propostas (xeración de contidos dixitais, carácter global, innovación e potencial de crecemento) como co equipo promotor (currículo, experiencia, carácter multidisciplinar, dedicación, estrutura do capital humano e porcentaxe de emprego feminino).
Entre as accións de aceleración intensiva descritas nas bases atópanse consultarías individuais, grupais, obradoiros de innovación e accións de mentorización en eidos tanto tecnolóxicos como de márketing, dereitos ou financiamento, entre outros. Disporase para o seu desenvolvemento coa experiencia e o coñecemento de profesionais de referencia a nivel estatal e internacional, tanto nesta industria como noutras áreas do emprendemento.
Tamén está prevista a organización de actividades de innovación, de eventos de presentación de proxectos diante dos principais operadores do sector e dun programa para a xestión da mobilidade internacional con presenza nalgúns dos máis destacados mercados a nivel mundial, así como campañas de difusión e unha consultaría de seguimento.

Próxima convocatoria de axudas ao desenvolvemento

A industria galega dos videoxogos está a ser por primeira vez obxecto dun paquete integral de medidas para favorecer a súa vertebración e desenvolvemento, cun investimento de preto dun millón de euros ao abeiro do Hub Audiovisual da Xunta. Así, ademais do devandito polo de aceleración, este mesmo mes de maio convocarase un fondo de axudas ao desenvolvemento de proxectos dotado con 500.000 €. Poderán optar a el tanto propostas de certa envergadura como outras de carácter menos comercial e, para a súa concesión, valoraranse criterios como a calidade do proxecto, a confirmación doutras fontes de financiamento, a capacidade de xeración de emprego ou o seu carácter cultural galego, entre outros aspectos.
Como medida complementaria para favorecer unha maior estruturación do sector, estase a levar a cabo un mapeo do ámbito dos videoxogos en Galicia para identificar as principais empresas, proxectos e capacidade de xeración de emprego. Este será, ao tempo, o inicio dunha nova vía de diálogo co sector, que se abrirá nos vindeiros meses co fin de optimizar desde unha perspectiva integral todas as actividades de promoción e impulso que se manteñen desde os distintos departamentos do Goberno autonómico.
Estas tres liñas de traballo conforman o núcleo do apoio a este sector no marco Hub Audiovisual da Industria Cultural, un programa extraordinario a través do que as industrias culturais galegas recibirán 9,6 millóns de euros ata 2023. Este investimento estase a executar través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?