Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 25 anos do inicio das emisións da TVG a través da Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

25 anos do inicio das emisións da TVG a través da Internet

Redacción
Publicado: 16/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

crtvginiciosweb02.jpgO 17 de maio de 1997 a Televisión de Galicia converteuse en pioneira a nivel europeo ao iniciar as súas emisións en tempo real a través da Internet as 24 horas do día, coincidindo co Día das Letras Galegas. Deste xeito, os usuarios da Internet da época podían acceder aos contidos da canle internacional da TVG, achegando así o sinal aos galegos espallados polo mundo, aínda que coas limitacións técnicas do momento. Para poder gozar do sinal de vídeo en directo había que contar como mínimo cun módem de 28.800 baudios.
A iniciativa a puxera en marcha a Dirección de Comunicación e Relacións Externas do Ente Público CRTVG , do que era responsable o xornalista Alberto Barciela Castro, e contaba cun equipo dirixido polo periodista de Radiotelevisión Galicia, como xefe do Servizo de Teletexto e Internet, o ribeirense, Xosé María Fernández Pazos, actual director das revistas e web de Código Cero e O Barbanza.
Aparte das emisións de vídeo en directo (en probas dende o 24 de abril), a páxina web da CRTVG tamén incluía vídeos promocionais da Radio Galega e da TVG, así como un vídeo musical do Xabarín Club e unha entrevista ao lugués Ánxel Fole, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1997.
O contraste entre estas primeiras emisións e as que temos actualmente é substancial, non só porque agora sexa posible incluso seguir a Galega en alta definición a través de YouTube e da súa páxina web, senón polo feito de que existan contidos de audio e vídeo que estean destinados expresamente á Internet, evidenciando a transformación dos hábitos de consumo audiovisual, cada vez máis ligados a plataformas dixitais como Twitch e TikTok, nos que están a emprenderse experiencias que axudan a conectar con novos públicos, explorando o que pode ser o futuro dos medios públicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?