Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ábrese a convocatoria dun novo fondo de axudas para o desenvolvemento de videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ábrese a convocatoria dun novo fondo de axudas para o desenvolvemento de videoxogos

Redacción
Publicado: 19/05/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

202220519_axudas_videoxogos_01.jpgO Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases das novas axudas para a promoción de videoxogos, que a Xunta dota cun fondo de 500.000 euros a través do Hub Audiovisual da Industria Cultural. Este investimento reverterá na realización dun mínimo de oito novos proxectos de videoxogos, que deberán ser desenvolvidos ata o 1 de xullo de 2023 por profesionais ou pemes con sede en Galicia.
Con esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, o Hub Audiovisual galego materializa outra das medidas especificamente deseñadas para a industria galega dos videoxogos, que recibirá unha inxección de preto dun millón de euros para favorecer a súa vertebración e competitividade. Esta é tamén a finalidade que persegue o Goberno galego coa posta en marcha do polo de aceleración empresarial xunto á Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos Videoxogo.gal, para o que conta cun orzamento de 360.000 euros, e dun estudo para a obtención dun mapa do sector na nosa Comunidade, que posibilite a identificación das principais empresas, proxectos e capacidade de xeración de emprego.
Precisamente hoxe ten lugar no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia unha sesión informativa sobre o novo Polo de aceleración do sector, que será impartida polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a presidenta de Videoxogo.gal, Luz Castro. Unha vintena de profesionais ten confirmada a súa asistencia ao encontro, no que se abordarán os requisitos e trámites para a candidatura de proxectos emprendedores a este programa de consultaría, titorización e proxección exterior para novos profesionais e empresas que estean a comezar a súa traxectoria nesta industria.
En canto á convocatoria publicada hoxe, cuxo prazo de solicitude estará aberto ata o 20 de xuño, os destinatarios son profesionais autónomos e pemes do sector para levar a cabo novas producións de videoxogos en todo o seu proceso de creación, deseño e programación, así como de comercialización, distribución e difusión, na fase de prototipo, sempre que sexan inéditas e non estean vinculadas á promoción ou publicidade dunha marca empresarial.
Establécense, así mesmo, dúas categorías de propostas en función do seu orzamento: modalidade A para proxectos de máis de 200.000 euros e modalidade B para os que se sitúen entre os 40.000 e os 200.000 euros. No primeiro dos casos, poderá financiarse ata o 25% do gasto subvencionable, cun límite de 100.000 euros por axuda, mentres que no segundo esta porcentaxe medra ata o 75% e a contía máxima se sitúa nos 50.000 euros. As subvencións adxudicadas deberán destinarse a custes de persoal ou servizos profesionais, de ferramentas de hardware e software ou a gastos derivados da presentación dos videoxogos en eventos, feiras e encontros profesionais

Xeración de emprego e profesionalización

202220519_axudas_videoxogos_02.jpgEntre as finalidades específicas destas novas axudas está a xeración de emprego e o fomento da profesionalización e vertebración deste ámbito, así como dunha maior presenza das mulleres como parte del. Búscase tamén favorecer a participación do sector privado e o mecenado cultural, desde o convencemento de que o seu maior desenvolvemento suporá unha gran oportunidade para o conxunto da industria cultural galega e para a súa proxección exterior.
De acordo con estas prioridades, os proxectos beneficiarios seleccionaranse aplicando un baremo de criterios técnicos, así como outros automáticos relacionados co interese cultural, a capacidade de emprego con especial atención á contratación feminina, a porcentaxe da axuda solicitada respecto do orzamento total e o público ao que se dirixe.
Este fondo de axudas para o desenvolvemento de videoxogos, o polo de aceleración e o mapeo do sector conforman o núcleo do apoio ao sector no marco Hub Audiovisual da Xunta, un programa extraordinario a través do que as industrias culturais galegas recibirán 9,6 millóns de euros ata o vindeiro ano 2023. Este investimento estase a executar través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?