Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 704 maiores percorreron 65 mil quilómetros empregando ferramentas dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

704 maiores percorreron 65 mil quilómetros empregando ferramentas dixitais

Redacción
Publicado: 20/05/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

somos_digital_irene_bonome.jpgAo longo de 20 días, e tras recibir a formación necesaria nos Centros de Competencias dixitais, os participantes no reto #CaminaenDigital camiñaron nas súas contornas, mediron as distancias percorridas con ferramentas tecnolóxicas, sacaron fotografías, gravaron vídeos e compartiron estas experiencias na páxina web do concurso e da páxina de Facebook da iniciativa que rematou cunha escape room tras a que se realizou a entrega de premios.
En moitos dos casos foi a primeira vez na que fixeron uso de aplicacións de medición de pasos, ou mesmo a primeira ocasión en que sacaron unha imaxe ou unha captura de pantalla e a enviaron a través dunha rede social. Este era o principal obxectivo do reto: aumentar a capacitación das persoas maiores e familiarizalas co uso das tecnoloxías dixitais. Mais o concurso tamén supuxo, segundo manifestaron algúns dos responsables dos centros de competencias dixitais, unha experiencia que animou a achegarse e a coñecer a actividade formativa destes espazos para a inclusión dixital a persoas que ata agora nunca o fixeran. Cumpríronse así os propósitos principais desta iniciativa coordinada pola AMTEGA, a través da Rede CeMIT, dentro da programación creada para celebrar este ano o Día de Internet, no seno da asociación de ámbito estatal Somos Digital.

Contidos
  • Premios colectivos e individuais
  • Unha experiencia inclusiva para todas as persoas

Premios colectivos e individuais

Coa emisión en liña transmitida desde o GaiásTech para toda España, puido verse a alegría coa que recibiron o premio ao centro que recorreu máis quilómetros no Centro de Dinamización Tecnológica Local de El Franco, en Asturias, onde o seu equipo, formado por 45 persoas maiores, percorreu 5.050 quilómetros dende o pasado 29 de abril. Tamén no espazo CyL Digital de Zamora recibiron con moita ilusión o galardón por ser o centro no que recorreron máis km. por persoa, unha media de 265 km. por participante ao longo de 20 días. Foron recoñecementos que se sumaron aos que recibiron Mercedes Maroto, de Calzada de Calatrava, por ser a participante que percorreu máis quilómetros, 598, e Julia Almeida e María José Camba, ambas de Zamora, por subir o vídeo e a imaxe con máis Gústame na conta de Facebook da iniciativa. Todos eles recibiron dispositivos tecnolóxicos cedidos polo Comité de Impulso del Día mundial de Internet.

Unha experiencia inclusiva para todas as persoas

A experiencia do reto adaptouse a todas as situacións, grazas ao traballo dos axentes dinamizadores dos centros de competencias dixitais. Houbo lugares, como Villanueva de Oscos, en Asturias, onde algunhas das persoas participantes facían as súas andainas dentro do polideportivo, xa que son usuarias do centro de día e da residencia de anciáns da vila e, polas súas características físicas, requirían un lugar cómodo para andar no que poder descansar cada pouco. Salientable é tamén o caso de San Benito, un municipio de Cidade Real, onde interviñeron no reto 29 dos seus 185 habitantes, de xeito que o Reto foi o tema principal de conversa nestes días. Noutros casos, o pique san entre localidades próximas animaba a realización de km., xa que a clasificación dos quilómetros percorridos por cada centro e mesmo por cada persoa podía verse día a día na páxina web da iniciativa, creada e dinamizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, quen tamén construíron o Escape Room co que se puxeron en práctica, unha vez máis, as habilidades informáticas adquiridas polos participantes.
As dúas iniciativas forman parte da ampla programación posta en marcha pola Asociación Somos Digital para celebrar o Día de Internet, que este ano se celebrou baixo o lema Tecnoloxías dixitais para as persoas maiores e o envellecemento saudable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?