Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Continúan os avances no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Continúan os avances no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia

Redacción
Publicado: 02/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20220602_rueda.jpgO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello da Xunta acordou hoxe autorizar a subscrición dos convenios entre a Axencia Galega da Innovación (GAIN), o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA) e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para poñer en marcha o programa de comunicación cuántica e, deste xeito, seguir avanzando no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia.
Cun orzamento de 9,6 millóns de euros -dos que 6,2 proceden do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e 3,4 de fondos propios-, o obxectivo é mellorar a confidencialidade e seguridade das comunicacións a través de sete liñas de traballo. En concreto, Galicia colaborará con Madrid, Cataluña, País Vasco, Castela e León e o CSIC, para “deseñar xuntos unha rede de comunicación de alta seguridade e novos sistemas e protocolos de comunicación que nun futuro crearán a internet cuántica”, salientou Rueda.
Así, segundo explicou o presidente da Xunta, entre as actuacións previstas destaca “a creación dun enlace de comunicacións cuánticas por fibra óptica entre a Universidade de Vigo e o CESGA”, en Santiago de Compostela, o que permitirá establecer comunicacións plenamente seguras entre ambas as dúas institucións. Tamén servirá para demostrar as posibilidades da tecnoloxía ás empresas e como banco de probas.
Por outra parte, desenvolverase unha estación óptica en Vigo para realizar comunicacións cuánticas vía satélite. Ademais, en colaboración co Polo Aeroespacial de Galicia, desenvolveranse sistemas para enlaces de comunicacións cuánticas con vehículos aéreos non tripulados.
Galicia traballa para desenvolver un Polo de Tecnoloxías Cuánticas que ten como obxectivo situar Galicia nun referente neste campo no 2030 coas premisas de impulsar a tecnoloxía europea -para garantir a soberanía tecnolóxica de Europa- e o negocio internacional que favorecerá a súa sustentabilidade económica a medio prazo. Preténdese mellorar o coñecemento, o avance da tecnoloxía e a consolidación económica apoiándose no mundo académico, nos centros de I+D+i e no tecido empresarial .
Enmarcado na nova Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia, aspira a contar con 154M € de investimento público-privado, para o que será necesario contar con fondos europeos NextGeneration, tendo en conta que se trata dun dos proxectos prioritarios para Galicia que foi trasladado ao Goberno central.
Actualmente, entre outras iniciativas, o Polo de Tecnoloxías Cuánticas ten comprometidos 30 millóns de euros. Aos convenios anunciados hoxe, súmanse 15 millóns de euros do acordo da Xunta de Galicia co CESGA para o despregamento dunha infraestrutura baseada en tecnoloxías cuánticas da información que impulse a investigación e experimentación en Galicia; os programas Quantum (500.000 euros), talentQ de formación (1,5M €) e NESAQ (280.000 euros); así como os investimentos no supercomputador Finisterrae III, apoiado polo Goberno galego e o CSIC.
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación aposta polas tecnoloxías cuánticas como elemento tecnolóxico disruptivo que permitirá posicionar o ecosistema galego de I+D na vangarda e acelerar o desenvolvemento económico e a recuperación. As tecnoloxías cuánticas teñen innumerables aplicacións en sectores vitais para Galicia como a medicina, o ambiente, a biotecnoloxía, a aeronáutica, a automoción, a loxística ou as telecomunicacións, entre outras. Agárdase que o seu impacto sexa maior que o logrado pola computación clásica no último século.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?