Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta formará a máis dun milleiro de mulleres en empregos verdes e dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta formará a máis dun milleiro de mulleres en empregos verdes e dixitais

S. P.
Publicado: 03/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emprego_traballadora_moza_profesional_empresa.jpgA Xunta vén de impulsar un novo programa para facilitar a incorporación das mulleres ao mercado de traballo: un programa que pon o foco nos ámbitos rural e urbano e que busca, en concreto, inserir laboralmente 220 profesionais. Os detalles do programa foron debullados en comisión parlamentaria pola directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, que dixo que o investimento é de 2,8 millóns de euros e que o obxectivo específico é “enriquecer a capacitación das mulleres para incrementar a participación na actividade económica da súas zonas de residencias”. Haberá accións formativas centradas no emprendemento e no asesoramento dixital e tecnolóxico, da economía social e dos sectores primarios.
A Xunta estima a participación de preto de 1.100 mulleres nesta actuación, o que suporá, en palabras de Lado, un investimento medio por muller de 2,552 euros para “formar e recuperar o talento feminino”.
O obxectivo concreto do programa, co prazo de inscrición aberto ata o próximo mes de outubro, é “mellorar a inserción laboral das mulleres desempregadas e, deste xeito, do total de participantes, un 20% polo menos, é dicir unhas 220 mulleres como mínimo, incorporaranse ao mercado de traballo ao remate da iniciativa”.
Para participar, as mulleres deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e residir, preferentemente, en municipios de menos de 5.000 habitantes que presenten necesidades de cualificación ou recualificación formativa ou profesional para poder acceder a un sector laboral concreto relacionado de maneira preferente coa economía verde e dixital. De feito, un 35% das participantes no programa deberán realizar un itinerario individualizado orientado ao desenvolvemento de competencias en empregos verdes; e outro 35% en empregos dixitais.
Lado salientou, así mesmo, que esta iniciativa, que terá unha duración de 12 meses, “reverterá na sociedade desde tres piares, sobre as mulleres participantes; sobre a contorna, xa que mellorará o desenvolvemento produtivo das zonas onde se realice; e sobre a loita contra a desigualdade, xa que a iniciativa tamén busca facer fronte á fenda de xénero que, sobre todo, existe no medio rural, ao tempo que busca a permanencia das mulleres no seu territorio mellorando a súa perspectiva profesional”.
O novo programa autonómico enmárcase no Plan Emprega Muller, que conta para este ano cun orzamento de 35,8 millóns de euros, co obxectivo de facer fronte aos efectos socioeconómicos derivados da pandemia tendo en conta as particularidades do territorio galego e co fin de loitar contra a fenda de xénero.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?