Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este verán contaremos cun visor dixital con máis de medio cento de rutas ciclistas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Este verán contaremos cun visor dixital con máis de medio cento de rutas ciclistas galegas

Redacción
Publicado: 03/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20220603_angeles_02.jpgA Xunta de Galicia activará a mediados deste verán un novo visor dixital con máis de medio cento de rutas ciclistas por toda a Comunidade, perfectamente cartografadas e en formato descargable para facilitar a súa consulta desde diferentes dispositivos electrónicos, tal e como anunciou esta mañá en Sober a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que coincidindo coa celebración do Día Mundial da Bicicleta participou na presentación da aplicación e realizou un percorrido en bicicleta pola zona, acompañada polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, polo alcalde, Luis Fernández, e polo director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador.
O paseo discorreu ao longo dun pequeno tramo polos miradoiros do Boqueiriño e da Cividade, na contorna da igrexa de Santa María de Bolmente, que forma parte, precisamente, dun dos itinerarios ciclistas que se incorporarán nunha primeira fase ao visor A paisaxe de Galicia desde a bicicleta.
En total, serán 52 os itinerarios (cunha extensión de 2.312 km) cos que o IET estreará a nova ferramenta este verán, aínda que a idea é que se vaian incorporando máis. Todas as rutas foron escollidas polo seu valor paisaxístico, pola seguridade e por ser aptas para circular en bicicleta nun grao alto; de feito, un dos criterios de selección foi que menos dun 25% do percorrido sexan estradas.
20220603_angeles_01.jpgO visor dixital que está a ultimar a Xunta, porá á disposición dos cidadáns unha ferramenta «útil e moi completa» para facilitarlles a posibilidade de coñecer Galicia e a súa paisaxe desde a bicicleta, dunha forma diferente, saudable e sustentable. De feito, salientou que Galicia conta con moitos afeccionados a este deporte, grazas ás óptimas condicións naturais que ofrece para a súa práctica.
Todas as rutas están a ser compiladas pola Xunta nunha aplicación web a modo de visor coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo e da empresa do sector turístico Sherpa Project.
Neste sentido, o coordinador do proxecto, Guti Martín, de Sherpa Project, e o presidente da Federación, Juan Carlos Muñiz, explicaron que grazas a esta nova ferramenta dixital poderanse ver as rutas en detalle e planificalas de forma axeitada. Ademais, porase á disposición do usuario unha ficha individual que recollerá os datos máis relevantes e poderá descargarse en formato PDF.
Estas fichas incluirán unha ampla información do itinerario como fotos, mapas, nivel de dificultade (familiar, media e experto), perfís do terreo e, de maneira moi singular, a situación dos miradoiros e lugares cun alto valor paisaxístico.
Tamén incorporarán un código QR que redirixirá ao usuario a Wikiloc, unha aplicación de balde e moi estendida entre os ciclistas en todo o mundo, e a plataforma estará preparada para que se poida descargar e gardar o percorrido de cada ruta en diferentes dispositivos electrónicos, como GPS, reloxos intelixentes e móbiles.
Ata o momento o IET destinou xa 32.000 euros á recollida de datos, o seu tratamento e a posterior comprobación das rutas de maneira presencial, realizando en bicicleta os percorridos que hoxe se presentan e que formarán parte da base de datos do futuro visor. Ademais, estímase que o mantemento das rutas para garantir que estean en condicións axeitadas para a circulación suporá un investimento de 150.000 euros ao ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?