Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA dende o punto de vista xudicial centrou as XV Xurídicas de Sarria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA dende o punto de vista xudicial centrou as XV Xurídicas de Sarria

S. P.
Publicado: 06/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

clausura_xornadas_xuridicas_de_sarria.jpgAs XV Xornadas Xurídicas de Sarria Román García Varela clausuráronse este 4 de xuño na Casa da Cultura de Sarria abordando a frutífera relación entre Intelixencia Artificial e Dereito: unha relación que xa deu resultados interesantes nestes anos e que todo apunta a que irá a máis nos anos vindeiros. O encontro, organizado polo Concello de Sarria e que por primeira vez forma parte do programa de Formación Continua do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), reuniu a expertos na materia e a recoñecidos xuristas. Nas mesas redondas interviñeron maxistrados do Tribunal Supremo, do Tribunal Constitucional e da Audiencia Nacional, ademais dos presidentes das audiencias provinciais da Coruña e Ourense e a xuíza decana de Lugo, entre outros.
Os especialistas analizaron a IA aplicada á Administración de Xustiza. Durante os dous días nos que se desenvolveron as xornadas debateron sobre asuntos como a propiedade intelectual das obras creadas con Intelixencia Artificial, a biometría utilizada na investigación criminal ou o uso de algoritmos.
Os expertos explicaron as vantaxes e os riscos das tecnoloxías con capacidade de analizar información e tomar decisións, entre os que mencionaron as posibles desviacións dos algoritmos. O director do Centro de Documentación Xudicial (CENDOX), Iñaki Vicuña, destacou na mesa redonda do 4 de xuño que a vixilancia tecnolóxica é “esencial” para contrarrestar eses perigos. Ademais, salientou que un dos retos do CENDOX é estar “á vangarda tecnolóxica”, sempre de acordo “cos valores da Xustiza”.
A xuíza decana de Lugo, Olalla Díaz Sánchez, advertiu que a eficiencia tecnolóxica “debe ter como límites infranqueables os dereitos fundamentais”. Ademais, destacou a importancia da colaboración entre xuristas e técnicos para evitar “os erros, os prexuízos e a discriminación”. En canto ao expediente dixital, resaltou que facilitará á cidadanía o acceso aos documentos.
O presidente da Audiencia Provincial de Ourense, Antonio Piña, centrou o seu relatorio nas novas formas de ciberdelincuencia, entre elas a suplantación en liña de identidades (phishing), e alertou do incremento dos delitos tecnolóxicos, pois indicou que son “máis rendibles, máis fáciles de cometer e, a súa autoría, máis difícil de probar”. Ademais, afirmou que os tipos penais deberán de adaptarse a novas realidades como, por exemplo, o metaverso. Piña, ademais, informou sobre algúns dos sistemas tecnolóxicos utilizados por policías de diferentes países para previr delitos.
A clausura contou coa asistencia da secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas Brugal; o vogal do CXPX Rafael Mozo; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, a directora do Centro Asociado UNED Lugo, Ana Traseira; e os codirectores das xornadas, Román García-Varela Iglesias e Carlos Lema Devesa. No peche das xornadas estiveron tamén presentes o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, e o vogal do CXPX Juan Manuel Fernández.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?