Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A instalación de realidade virtual CARNE y ARENA poderá visitarse en Galicia a partir de xullo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A instalación de realidade virtual CARNE y ARENA poderá visitarse en Galicia a partir de xullo

Redacción
Publicado: 07/06/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

carneyarenatour_img4.jpgA Xunta achega a Galicia a instalación inmersiva de realidade virtual CARNE y ARENA (Virtualmente presente, Fisicamente invisible), un proxecto do cineasta mexicano Alejandro G. Iñárritu que explora a condición humana das persoas migrantes e refuxiadas, e que poderá visitarse este verán na Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela convértese así na primeira cidade da Península en acoller esta experiencia, galardoada cun Oscar especial da Academia. Trátase dun proxecto producido por Legendary Entertainment, Emerson Collective e Fondazione Prada, en colaboración con PHI Studio, que chega á nosa Comunidade da man da plataforma cultural 90_20 e encadrado na programación do Xacobeo 21-22.
CARNE y ARENA foi presentada esta mañá no Museo Centro Gaiás polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, quen amosou a súa satisfacción por que «Galicia se converta no primeiro punto da Península que ten a oportunidade de acoller esta instalación que conxuga unha dimensión tecnolóxica seguramente nunca antes vista en España e unha calidade artística avalada pola Academia de Hollywood ou o Festival de Cine de Cannes, onde se presentou en 2017 como o primeiro proxecto de realidade virtual estreado neste certame».
O titular de Cultura do Goberno galego salientou, ademais, a dimensión internacional dun proxecto que visitou grandes cidades como Milán, Amsterdam, Montreal, Dallas, Washington D. C., Los Ángeles ou Cidade de México, e “que en Galicia nos conecta especialmente coa nosa realidade local, co noso pasado, xa que a emigración na procura dunhas mellores condicións de vida foi a triste realidade á que tiveron que enfrontarse milleiros de galegos e galegas ao longo da historia”.
carneyarenatour_img5.jpgO seu director, Alejandro G. Iñárritu, sinalou sobre CARNE y ARENA –na súa estrea– que «durante o desenvolvemento deste proxecto, tiven o privilexio de coñecer e entrevistar a moitos inmigrantes e refuxiados mexicanos e centroamericanos: as súas historias de vida perseguíanme, así que convidei a algúns deles a colaborar comigo. A miña intención era experimentar coa tecnoloxía para explorar a condición humana nun intento por romper coa ditadura do encadre e permitir así ao visitante unha experiencia directa, camiñando nos pés do inmigrante, por debaixo da súa pel, e dentro do seu corazón», explicou. «Durante esta experiencia, realista e irreal a un tempo, o noso cerebro e a maioría dos nosos sentidos póñense a proba. Ningunha experiencia en CARNE y ARENA é a mesma que para outro visitante», engadiu.
Na presentación do proxecto, encadrado na programación do 10º aniversario do Museo Gaiás, interveu a través de videoconferencia o co-fundador de 90_20, David Ramírez. O acto contou tamén coa do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.

Contidos
  • Camiñar nos pés das persoas refuxiadas
  • Entradas limitadas

Camiñar nos pés das persoas refuxiadas

Nesta experiencia, os participantes experimentan en profundidade un fragmento das viaxes das persoas refuxiadas. Deseñada como unha travesía en solitario para unha persoa, xira arredor dunha secuencia de realidade virtual experimentada por tres visitantes simultáneos en salas separadas, con tecnoloxía inmersiva de vangarda. CARNE y ARENA crea un espazo multinarrativo de luz con personaxes humanas e secuencias de extremo realismo que trasladan ás persoas visitantes, descalzas sobre a area, a un escenario de persecución a través do deserto.
Termos como «rompedora», «brillante», «conmovedora» ou «unha das primeiras obras mestras de realidade virtual» foron algúns dos cualificativos que CARNE y ARENA recibiu durante a súa xira internacional por cabeceiras como The New York Times, Forbes ou o Washington Post.

Entradas limitadas

Polas especiais e exclusivas condicións da instalación, con capacidade para acoller a só tres visitantes por quenda –e un total de 75 por día–, as prazas son moi limitadas. A partir de hoxe poden mercarse as entradas para as sesións do mes de xullo, a un prezo de 9 euros máis gastos de xestión. A entrada non está permitida a menores de 14 anos e tampouco recomendada a persoas con problemas cardíacos, problemas lumbares, antecedentes de convulsións, epilepsia ou sensibilidade ás luces intermitentes. Recoméndase consultar previamente toda a información sobre as condicións de acceso na web da Cidade da Cultura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?