Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A situación do noso sector discográfico ante a dixitalización, a debate nunha xornada do CCG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A situación do noso sector discográfico ante a dixitalización, a debate nunha xornada do CCG

S. P.
Publicado: 08/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_industria_discografica_en_galicia_xornada_consello_cultura_galega.jpgO Consello da Cultura Galega vai organizar unha xornada, este 9 de xuño, sobre a situación actual das empresas discográficas na nosa terra. Nela, destacados expertos afondarán na pegada que están a ter os novos formatos, soportes e canles neste sector, un proceso que reconstruíu os modelos de negocio e o consumo e que obriga á superación de novos e continuos retos. O encontro A industria discográfica en Galicia está coordinado por Xosé Ramón Pousa, é presencial pero poderá seguirse en directo a través da web e das redes sociais da institución.
Segundo explica o CCG sobre os porqués desta xornada, “os cambios continuos nos formatos, a eclosión de Internet e as novas tendencias de consumo, coa aparición de novas formas de pirataría e a irrupción de plataformas de distribución alleas ao sector tradicional, levaron a industria a unha crise total de vendas, co afundimento de grandes selos discográficos e a modificación da relación entre os creadores e o público cara a un modelo de distribución con novos paradigmas”. Porén, engade o Consello, non todo foi negativo, xa que a dixitalización trouxo novas oportunidades, “de xeito que as redes favoreceron a aparición e o éxito de grupos noveis, aumentaron a música en vivo, cara a un contacto máis directo entre artistas e seguidores, e mesmo a ruptura dos mercados locais para unha maior e máis rápida internacionalización dos produtos, que xa non buscan compradores senón usuarios”.
Segundo engade o Consello da Cultura, estas transformacións teñen “unha manifestación particular nos pequenos mercados, como o galego”, onde “a simplificación e o abaratamento dos procesos de produción musical están dando lugar ao nacemento de novos selos, a fenómenos de autoedición promovidos directamente polos artistas e aos retos de facer visibles na Rede os contidos sonoros dunha cultura musical tan rica como a galega”.
O programa
Alfonso Espiño, músico e doutor en Historia da Arte, é encargado de abrir o programa cun relatorio titulado A industria musical na globalidade: do disco ás plataformas dixitais. Despois, Fernando Fernández Rego, profesor e investigador en temas musicais, autor de Unha historia da música en Galicia 1952-2018, analizará os horizontes e perspectivas da historia da música gravada na nosa terra. A xornada continúa pola tarde con dúas mesas redondas. Unha delas moderada polo pianista, e membro do Plenario do CCG, Alejo Amoedo, e na que Maritxu Alonso de Uterzine, Josiño Carballo de Ernie Records e Segundo Grandío de Casa de Tolos falarán dos retos para produtoras e editoras discográficas galegas no panorama global contemporáneo.
Na segunda das mesas, o xornalista Santi Montes modera a Manuel Alonso de Músicas ao Vivo, a Michel Valiña da Asociación Distant Sounds e a Jordi Lauren de PlayPlan Cultural que afondarán nas feblezas, fortalezas, resistencias e esforzos para sacar adiante a produción discográfica galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?