Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EGAP forma sobre as posibilidades da intelixencia artificial no sector público
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EGAP forma sobre as posibilidades da intelixencia artificial no sector público

Redacción
Publicado: 10/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20220610_egap.jpgCento corenta persoas asistiron onte e hoxe ao curso monográfico A intelixencia artificial na Administración, celebrado na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na que participaron importantes expertos na materia para ofrecer unha visión das oportunidades e riscos que ofrece a IA dentro do sector público e facer fincapé na súa regulación legal.
A conferencia de clausura foi impartida por José Manuel Romay Beccaría, expresidente do Consello de Estado, o cal resaltou que a innovación e o coñecemento son imprescindibles para o desenvolvemento da humanidade. Nesta liña, incidiu en que os sistemas de intelixencia artificial constitúen un motor de cambio vertixinoso, polo que o dereito ten a obriga de regular esta tecnoloxía disruptiva para garantir o respecto dos dereitos da cidadanía.
Este curso monográfico, de dez horas de duración, reuniu en Santiago de Compostela a xuristas, investigadores e empregados públicos, que debateron ao redor das diferentes vertentes que ofrece a intelixencia artificial dentro do sector público. Así, os catedráticos de Dereito Administrativo Eduardo Gamero e Alejandro Huergo abordaron o complexo marco xurídico da intelixencia artificial na toma de decisións e defenderon a supervisión humana e a auditoría como sistemas de protección dos dereitos fundamentais. Esta tese tamén foi apoiada por Eva María Mota, interventora da Administración local, que reflexionou sobre as oportunidades que ofrecen as solucións automatizadas no control das entidades locais.
Doutra banda, durante o curso, o catedrático de Dereito Mercantil Carlos Lema, o profesor Pablo Fernández e a investigadora Sara Louredo analizaron polo miúdo as consecuencias que terán os procesos automatizados sobre a creación de obras e invencións e as súas repercusións no dereito á propiedade intelectual e á propiedade industrial.
Finalmente, este monográfico, tamén incluíu o relatorio do catedrático de Ciencia Política e da Administración Carles Ramió, que definiu a irrupción da IA no sector público como unha “revolución silenciosa” e defendeu un rol activo da Administración ante esta nova realidade, con valores e ética pública.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?