Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O metaverso e a mercadotecnia consciente foron os grandes temas do inicio do Congreso Flúor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O metaverso e a mercadotecnia consciente foron os grandes temas do inicio do Congreso Flúor

S. P.
Publicado: 10/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

congreso_fluor_1.jpgO Congreso Atlántico de Mercadotecnia Dixital (Congreso Flúor) celebrou este xoves 9 de xuño o seu primeiro día de actividade, unha xornada de apertura na que os temas máis destacados foron o metaverso e a mercadotecnia consciente. Flúor é un dos grandes eventos estatais sobre mercadotecnia dixital, que reúne en Pontevedra (na sede de AFundación ata este venres) a 22 relatores de primeiro nivel de España e Portugal. Nesta segunda xornada, 17 alumnas e alumnos da UVigo celebra unha sesión de citas rápidas con vistas a seren contratados por axencias do sector do marketing galego.
congreso_fluor_2.jpg Jessica Bardanca, emprendedora galega da marca Mexas, abriu a quenda der relatorios abordando as tendencias cara á mercadotecnia consciente. Segundo dixo, este proxecto de calzado artesanal mexicano destaca porque promove que a empresa coide tres aspectos: “Unha parte social, outra ambiental e outra de negocio”. Jessica recomendou nas accións de mercadotecnia dixital destacar moito este aspecto: “Na web debes ter moi visible o teu proxecto social, non só o teu negocio”.
O metaverso tamén estivo presente en relatorios como a do experto Xavier Simó, quen explicou que abre un novo eido de riqueza “porque garántese a propiedade privada dentro deses mundos virtuais”. Simó asegurou que na Web 2 (que é a que actualmente coñecemos) simplemente “les e interactúas”, mentres que nos mundos dixitais hai unha “Web 3 na que podes ser propietario dun activo dixital, e ante esa novidade ábrense negocios”.
Na mesma liña, Sandra Moreno García, xestora de contas na startup española Uttopion, animou ás marcas a facer eventos no metaverso, ou xerar experiencias para os seus clientes dentro destes mundos virtuais
Tamén falou do metaverso o emprendedor Juanjo Amorim, especializado en formación de profesionais e obreiros dixitais á fronte da súa escola Edix, quen convidou a unha revolución formativa para este mundo virtual. “Para facer reskilling ou actualización de competencias profesionais no tempo do metaverso hai que facer un plan de formación enorme e incorporar a formación como unha tarefa diaria como comer ou durmir”, sinalou.
Flúor ofrece 15 actividades, que se dividen en 9 conferencias, 2 mesas redondas e 4 obradoiros prácticos. Todos eles serán impartidos por especialistas en negocio dixital, publicidade e redes sociais. Entre os relatores figuran prestixiosos directivos de empresas e axencias especializadas.
Grandes convidados
congreso_fluor_4.jpg Flúor está organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia co patrocinio principal da Concellería de Promoción Económica e Turismo. O programa inclúe conferencias e mesas redondas sobre negocio dixital, imaxe de marca, redes sociais e nova publicidade, así como obradoiros de diferentes temáticas.
O evento contará coa presenza de relatoras e relatores de primeiro nivel, como Ricardo Tayar, director executivo e fundador de Fiat 101; Gema Arias, directora de Estratexia Creativa en Kitchen; Juan Pedro Moreno e Javier Senovilla, directores creativos executivos en Ogilvy; João Brito, ex responsable mercadotecnia officer en Burger King; Tiago Barquinha, responsable de Contagious Portugal; Patricia Ricón, planificadora de medios en Avante Evolumedia, Xavi Simó, presidente de Inlea, Sébastien Rouvière, director creativo en David; Juanjo Amorín, director executivo e presidente de Edix; Rocío Carreiro, de Extradixital; Daniel Campo, director do Publicista; Jess Bardanca, co-fundador de Mexas & CMO; Rubén Bastón, de Mercadotecnia4ecommerce; Sandra Moreno, de Uttopion; Felip Costa, de Unique Digital – NFT Musicales; Úrsula Estévez, de Asomados; Javier Piedrahita, de MarketingDirecto; Francisco Álvarez, de Maricoin – Criptomoneda; Joan Miró, co-fundador de Kraz, e Samuel L. París, responsable de Contidos e Estratexia en Nasas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?