Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC dá un paso de xigante na edición dixital de coñecemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC dá un paso de xigante na edición dixital de coñecemento

S. P.
Publicado: 13/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Alumna navegando polo Portal Dixital de Revistas. FOTO: Santi Alvite
Alumna navegando polo Portal Dixital de Revistas. FOTO: Santi Alvite
A Universidade de Santiago vén de consolidar o seu lugar de referencia en materia informativa e divulgativa. Fíxoo a través do seu Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, que optimizou a experiencia das persoas usuarias do seu Portal Dixital de Revistas cunha nova versión mellorada do formato de saída .HTML.
Esta versión incorpora melloras na lexibilidade e usabilidade a través “dun texto máis amplo e estético, de cómodas ferramentas de navegación despregando o sumario do artigo e de notas no pé en formato de pop-ups interactivos, entre outras novidades”, explicaron fontes da USC, engadindo que coa materialización da edición HTML das revistas “o Portal Dixital de Revistas coloca a USC na vangarda da edición dixital de publicacións periódicas no panorama da edición universitaria española”. Segundo engadiu o responsable do Servizo de Publicacións, Juan Blanco, é previsible que a dita implementación se complete no transcurso deste ano 2022.
Blanco apuntou que “fronte ao formato convencional PDF, dispoñible tamén en cada artigo e común para todas as revistas, o soporte HTML representa a interface de lectura dixital máis avanzada, fluída e apta para todo tipo de dispositivos, como evidencia a transformación dixital que nos últimos anos veñen experimentando os medios de prensa escritos”.
Tamén apuntou que despois da migración en 2012 ao soporte dixital de todas as revistas científico-académicas da USC, que edita en acceso aberto gratuíto o Servizo de Publicacións, e a consecuente creación do Portal Dixital de Revistas, baixo o software de código aberto Open Journal Systems, “dende 2020 a editorial da Universidade desenvolve un esixente plan de edición dixital. Así, ademais do tratamento de metadatos co estándar internacional XMLJATS para o incremento do alcance, visibilidade, posibilidade de citas e factor de impacto dos artigos, “este plan contempla a publicación dos mesmos en formatos de lectura multisaída PDF e HTML, eido ao que pertence o máis recente avance”, engade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?