Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O debuxo 3D, a fabricación dixital e o Power BI centran os novos obradoiros de SmartPEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O debuxo 3D, a fabricación dixital e o Power BI centran os novos obradoiros de SmartPEME

S. P.
Publicado: 13/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme-21aa2a-05113-8.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa de formación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Os talleres, orientados a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas en pleno proceso de formación, tratarán temas como o debuxo 3D con Onshape e Assembly, deseño de imaxes para preimpresión e medios dixitais, fabricación dixital con impresoras de resina ou utilización do programa Power BI.
Este martes 14 de xuño pola mañá, Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, impartirá un obradoiro sobre fabricación dixital cos programas Onshape e Assembly. Nestes cursos en formato mixto, combínanse clases en liña e prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O curso Fabricación dixital. Debuxo con Onshape VI – Assembly II, ten como obxectivo “coñecer e familiarizarse coas ferramentas implicadas nun proceso de produción dixital”.
O mércores 15 de xuño pola mañá, Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, amosará os distintos aspectos sobre composición e deseño, ademais de diferenzas entre as imaxes que se subirán a contornas dixitais, ou as que se usan para un acabado de impresión, no obradoiro Deseña e crea as túas imaxes para preimpresión e medios dixitais.
O xoves 16 de xuño, ás 11:00h, celebraranse dous obradoiros. O primeiro será Fabricación dixital. Impresoras de Resina, un novo itinerario de fabricación dixital que comezou en maio, e no que se combinan clases telemáticas e presenciais no Fab Lab de Barro, co obxectivo de que o alumnado teña contacto real con este tipo de tecnoloxías e sexa capaz de deseñar e fabricar unha peza en 3D. Esta acción formativa será impartida tamén por Manuel Freire.
No segundo obradoiro, Laureano Pérez Soto, director executivo (CEO) de Datasight Consulting impartirá Power Bi, a ferramenta analítica para o noso negocio ou peme, no que explicará o que é este sistema, o seu funcionamento e a importancia dos datos na toma de decisións das pequenas e medianas empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?