Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Congreso Flúor acolleu a posta en marcha oficial do Clúster do Ecommerce Galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Congreso Flúor acolleu a posta en marcha oficial do Clúster do Ecommerce Galego

S. P.
Publicado: 14/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cluster_ecommerce_en_fluor-3.jpgEntre as novidades (todas elas relevantes) que foron dadas a coñecer no marco do Congreso Atlántico de Mercadotecnia Dixital que se celebrou a semana pasada en Pontevedra, o Congreso Flúor, destaca a posta en marcha oficial do Clúster do Ecommerce Galego. A entidade presentouse como “a reunión das empresas galegas que se adican a vender a través de Internet” e como “un grupo de compañías que teñen obxectivos, necesidades e dificultades comúns”.
As 10 empresas fundadoras son Carrick, Selmark, Fuikamar, El Vino del Mes, Krack, Cafés Candelas, Don Disfraz, Aceites Abril, Martín Codax e Cenor Electrodomésticos, e convidaron a unirse a máis compañías porque é “un proxecto aberto, que está a arrincar, e queremos ser máis socios fundacionais”. En palabras do presidente do Clúster, Xosé Luís Reza, “somos un sector que non nos coñecemos aínda entre nós e pensamos que hai moitas cousas que compartir”.
cluster_ecommerce_en_fluor-5.jpg Xunto co presidente, integran o comité executivo a vicepresidenta, Judith Cabana, o secretario xeral, Alberto Cochón, e o tesoureiro, Iván Medina. No acto de presentación, Reza explicou que o obxectivo é “que convivan empresas nativas dixitais con empresas físicas que teñen unha importante actividade dixital, e que unhas aprendan doutras”.
A participación está aberta a toda empresa que teña o seu domicilio social en Galicia, e que teña actividade de comercio electrónico. Igualmente, reunirá a empresas provedoras e tecnolóxicas do sector.
Segundo confirmaron, “o calendario de actividades iniciarase xa este verán, e incluirá eventos en diferentes cidades galegas, onde achegaremos casos de éxito e exemplos de boas prácticas locais”.
Os obxectivos do Clúster son “incentivar, apoiar e promover o desenvolvemento e expansión do comercio electrónico, compartir experiencias e aprendizaxes no ámbito do comercio electrónico, mellorar a competitividade dos nosos asociados para facer fronte aos retos tecnolóxicos e o poder dos grandes actores internacionais, e fomentar a colaboración con outras entidades, empresas ou organizacións que axuden a promoción e consolidación do comercio electrónico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?