Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC entregou os seus premios e reivindicou os esforzos por comunicar a investigación á sociedade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC entregou os seus premios e reivindicou os esforzos por comunicar a investigación á sociedade

S. P.
Publicado: 15/06/2022
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

ragc_premiados_todos.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou na tarde deste 15 de xuño, no Pazo de San Roque de Santiago, o acto de entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas e do Premio RAGC de Divulgación Científica 2022; convocados coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia. Resultaron distinguidos proxectos da ESEI (UVigo), do CiQUS (USC) e da colaboración entre Óptica da USC e o FIDIS. Amais, recoñeceuse o traballo xornalístico da rianxeira Teresa Abuín e do químico Manuel Luis Casalderrey.
O evento, presidido pola vicepresidenta da RAGC, Alicia Estévez, contou coa asistencia da directora da Área de Centros da Axencia Galega de Innovación (GAIN), María José Mariño; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; o vicerreitor de Política Científica da Universidade de Santiago, Vicente Pérez Muñuzuri; e a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama; entre outras autoridades e académicos da RAGC.
Premio Francisco Guitián Ojea
Os Premios á Transferencia de Teconoloxía en Galicia comprenden tres categorías, premiadas con 6.000 euros cada unha. O Premio Francisco Guitián Ojea a un traballo de investigación aplicada recaeu no proxecto PolyDeep: Sistema inteligente de detección y clasificación en tiempo real de lesiones colorrectales mediante Deep Learning. Foi realizado por investigadores da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), liderados por Miguel Reboiro e Daniel González, en colaboración co Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Recolleu o premio o investigador Miguel Reboiro, quen agradeceu á Academia este galardón, asegurando que “nos axudará a continuar con máis folgos neste proxecto”. O equipo baseouse na Intelixencia Artificial para desenvolver un sistema de apoio que busca mellorar a detección e diagnóstico de pólipos colorrectais en tempo real durante as colonoscopias, redundando non só na mellora do diagnóstico e tratamento do paciente, senón no potencial aforro de custos en forma de reseccións ou biopsias innecesarias. Permite a clasificación automática dos pólipos colorrectais.
Premio Fernando Calvet Prats
ragc_transferencia3.jpg O Premio Fernando Calvet Prats a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía dun grupo de investigación foi dar a Ligandos fluorescentes como alternativa al uso de la radioactividad en la industria farmacéutica do grupo de Descubrimento e Síntese de Fármacos do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e da facultade de Farmacia da Universidade de Santiago; integrado por Eddy Sotelo, Javier Sardina, Mabel Loza e José Brea, impulsores da empresa Celtarys Research. A firma explota unha innovadora tecnoloxía ideada polo equipo para o desenvolvemento de ferramentas fluorescentes para a industria farmacéutica, como alternativa ao uso da radioactividade nas fases temperás de descubrimento de fármacos, reducindo os tempos, os custos e o impacto ambiental.
Asistiu ao acto a recoller a distinción o investigador Eddy Sotelo. “É unha satisfacción enorme que os nosos resultados científicos poidan traspasar o laboratorio e chegar a outras universidades, empresas biotecnolóxicas e farmacéuticas en forma de produtos de alto valor engadido, promovendo o uso de métodos respectuosos co medio ambiente e contribuíndo a acelerar o descubrimento de fármacos”, destacou.
Premio Ricardo Bescansa Martínez
O Premio Ricardo Bescansa Martínez a un caso de éxito de implantación de tecnoloxía transferida foi para a posta en marcha da spin-off BFlow. Nace en maio de 2020 froito da colaboración entre grupos de investigación das facultades de Óptica e Física da Universidade de Santiago e a Fundación de Investigacións Sanitarias de Santiago (FIDIS) para optimizar o proceso de descubrimento de moléculas e fármacos grazas á aplicación da tecnoloxía microfluídica máis avanzada. Ofrece solucións a medida de maneira rápida e cun custo reducido en comparación con outras técnicas.
Por parte de Bflow recolleu o premio María Seoane, conselleira delegada da empresa, quen deu as grazas en nome de todo o equipo. Explicou que buscan imitar os órganos humanos no laboratorio, incrementando a taxa de éxito e reducindo custos e experimentación animal.
Premio Xornalismo Científico Celia Brañas
ragc_premio_xornalismo.jpg Amais, entregouse o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas, que na súa sétima edición foi para a reportaxe Costa inundable, da xornalista Teresa Abuín Tubío (Rianxo, 1970), emitida no programa Vivir Aquí da CRTVG e centrada na subida do nivel do mar en Galicia. O xurado destacou deste traballo “a súa boa planificación para abordar desde Galicia un tema global como é o cambio climático e o seu impacto na subida do nivel do mar”. A xornalista recibiu unha dotación de 3.000 euros.
Na súa intervención, Teresa Abuín salientou que “este premio vén recoñecer o traballo de todos os que nos esforzamos por facer o xornalismo no que cremos, que comparte coa ciencia a ollada curiosa, crítica e reflexiva, que tenta afondar nos feitos para tratar de entender un pouco máis a complexidade do mundo”. E puxo de relevo que nestes anos tivo a oportunidade de descubrir “a dimensión da ciencia que se fai en Galicia”.
Ademais, o xurado outorgou un accésit deste premio ao segundo traballo mellor valorado,
a reportaxe titulada A ameaza de macrogranxas na Limia, de Mar Álvarez Rama (Santiago de Compostela,1999), publicada no xornal Nós Diario. O xurado valorou que “é unha peza xornalística que aborda un tema de actualidade que afecta a Galicia, achegando diversidade de fontes e con certo alarde fotográfico e narrativo”. A galardoada recibiu unha dotación de 1.000 euros.
Na súa intervención, a xornalista afirmou que “reportaxes coma esta son un exemplo do poder que ten o xornalismo de poñer o foco nunha realidade existente que non sempre semella visible. Esa é a gran responsabilidade do xornalismo: axudar a concienciar á xente sobre problemáticas que afectan a toda a poboación”.
Premio RAGC de Divulgación Científica 2022
ragc_premio_divulgacion.jpg Finalmente, o Premio RAGC de Divulgación Científica 2022 foi para o químico Manuel Luis Casalderrey García (A Coruña, 1941). A Academia recoñece con esta concesión a súa “ampla e frutífera traxectoria persoal no eido da divulgación científica en Galicia, particularmente a publicación regular desde o ano 1989 no xornal La Voz de Galicia de artigos de divulgación científica sobre temas de candente actualidade e ámbito moi diverso”. A súa traxectoria no ámbito da divulgación inclúe máis dunha ducia de libros de temática diversa, na súa maioría relacionados coa química na vida cotiá.
Casalderrey salientou que “ademais da importancia que o premio ten en si mesmo, pola institución que o outorga, é o mellor de todos cos que me premiaron. Realmente aprendín moito coa miña tarefa de divulgación científica e espero que os meus lectores aprendesen tamén. O divulgador enriquécese intelectualmente e aprende, cada día, para servir de intermediario entre os científicos e investigadores que fan a ciencia e o público en xeral, tratando de incrementar a cultura científica das persoas”.
No peche do acto, Alicia Estévez felicitou aos premiados e puxo de manifesto que “a RAGC considera que a ciencia e a tecnoloxía teñen un papel determinante e indiscutible no desenvolvemento económico e benestar social dun país, polo que comunicar os achados e as súas aplicacións á sociedade é una prioridade. Para acadar este obxectivo os científicos e os medios de comunicación poden e deben contribuír dun xeito decisivo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?