Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea e Axym desenvolverán un asistente para axudar aos nosos maiores a ficar nos seus fogares durante máis tempo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea e Axym desenvolverán un asistente para axudar aos nosos maiores a ficar nos seus fogares durante máis tempo

S. P.
Publicado: 16/06/2022
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

balidea_axym.jpgBalidea presentou este xoves 16 de xuño na súa sede de Santiago os detalles dun dos grandes proxectos tecnolóxicos galegos deste ano, arredor do que xuntaron forzas a dita empresa TIC de Compostela e máis a francesa Axym. Trátase do desenvolvemento dun asistente virtual robotizado para mellorar a atención sociosanitaria das persoas maiores e que se poderá implementar a través de móbil, tableta ou robot. “Esta iniciativa”, explicaron nas xornadas de arrinque do proxecto, nas que participaron todos os socios, “propón unha solución a un dos grandes desafíos das vindeiras décadas: o avellentamento da poboación, co consecuente medre das súas necesidades en materia de coidados e atención, así como o aumento das doenzas crónicas, da dependencia e da soidade”. O proxecto dispón do selo europeo para o financiamento a través do Programa Eurostars e enmárcase na chamada Medicina KM 0.
balidea_axym_3.jpg GiDI
Co desenvolvemento do robot asistencial que propoñen estas dúas compañías, bautizado como GIDI, búscase atopar solucións que melloren a eficiencia na prestación de servizos sanitarios tendo en conta a dimensión social na prestación do servizo. Segundo salientou Balidea, o proxecto encádrase nun dos grandes piares da súa actividade: traballar para as persoas, e facelo empregando Intelixencia Artificial (IA) e tecnoloxías da linguaxe de comunicación por voz, neste caso para facer un seguimento continuo dos pacientes desde as súas casas. “Grazas á posibilidade de dar asistencia simultánea a través de GIDI, as capacidades dos sistemas de atención sanitarias vense melloradas, sen esquecer que se incrementa e mellora tamén a atención personalizada”. O proxecto dispón do selo europeo para o financiamento a través do Programa Eurostars.
balidea_axym_4.jpg Nova estratexia para o coidado da saúde das persoas maiores
Balidea explicou que está a comprobarse que o incremento da poboación maior de 65 anos non vai acompañado do aumento proporcional do número de persoas coidadoras. Así, reflectiu a empresa compostelá, segundo o informe sobre o envellecemento de 2021 da Comisión Europea, prevese que a taxa de dependencia demográfica deste colectivo aumente de xeito significativo nas vindeiras décadas dentro da UE. Do 29% en 2010 pasouse ao 34% en 2019 e prevese que siga medrando ata o 59% en 2070. Isto supón pasar dunhas catro persoas en idade de traballar por cada persoa de 65 anos ou máis en 2010 a menos de dúas en 2070. “Os sistemas de saúde en Europa enfróntanse ao desafío combinado de dispoñer de recursos limitados e unha demanda crecente impulsada polo aumento de casos de enfermidades crónicas. Esta situación crea unha necesidade urxente de repensar a forma en que se prestan os servizos de saúde. Necesítanse novas estratexias para o coidado da saúde das persoas maiores, para mellorar a eficiencia e aumentar a xeración de coñecemento a partir do proceso”, apuntou a empresa tecnolóxica, engadindo que “para abordar estes problemas, Balidea e AXYN van desenvolver GIDI, un robot de asistencia médica e social que axudará aos nosos maiores para permanecer nos seus fogares o maior tempo posible e facilitará a xestión dos servizos de atención primaria e emerxencias, evitando a súa saturación e atendendo tamén a dimensión social dos pacientes”.
balidea_axym_5.jpg Segundo informaron, este robot é “unha resposta chave ao illamento social das persoas maiores, representando un compañeiro dixital capaz de comunicarse con elas, que lles permitirá resolver dúbidas de forma autónoma ou levar a cabo consellos de forma dixital”. O sistema, de feito, será capaz de xerar avisos e alertas tanto a familiares como aos servizos médicos a través dun sistema interoperable e seguro.
Vertente ética
Ambos os membros do consorcio recoñeceron ser “totalmente conscientes da dimensión ética da Intelixencia Artificial” e, por este motivo, a solución GIDI desenvolverase baixo a óptica de Ethics by Design ou ética desde o deseño, un marco de comportamento que garante os dereitos humanos, as liberdades persoais e, tamén, a autonomía das persoas na toma de decisións e a explicabilidade dos algoritmos. Así, na súa planificación contemplouse un paquete de traballo específico para xestionar e garantir estas cuestións que serán supervisadas por un comité a nivel europeo. Ademais, todos os aspectos relacionados co Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR) e en particular a seguridade dos datos serán tratados de forma específica. Dentro do enfoque ético desde o deseño proponse a participación das persoas usuarias desde o inicio ata a validación da solución.
As empresas socias
Neste proxecto o papel de Balidea centrarase no deseño e desenvolvemento da interface de usuario conversacional (CUI). O obxectivo é establecer unha canle de comunicación cos pacientes a través dun asistente virtual robótico capaz de interactuar coas persoas usuarias mediante a voz en dous idiomas, castelán e galego. Usando tecnoloxías da linguaxe, GIDI clasificará aos pacientes segundo a gravidade da súa condición e implementará protocolos personalizados de actuación.
Así mesmo, Balidea desenvolverá un algoritmo preditivo usando Intelixencia Artificial (IA) que lles permitirá aos servizos médicos dispoñer dunha predición de evolución dos pacientes e picos para os servizos de saúde e, polo tanto, unha óptima xestión dos recursos.
Por último, creará un backend intelixente para a ferramenta capaz de aplicar fluxos dinámicos baseados en modelos de datos e regras que permitirán a GIDI mostrar diferentes escenarios dependendo do perfil do usuario e a aplicación de protocolos médicos e sociais en función do resultado do cribado (Screening Protocol at Home, SPH). Este backend está deseñado para soportar unha arquitectura de servizos, o que permitiría a comunicación cos sistemas de saúde públicos e privados, establecendo un marco técnico que facilitaría a conexión a sistemas como os de solicitude de cita, urxencias sanitarias ou historia clínica.
O papel de Axym vai estar relacionado principalmente co deseño do robot. Evolucionarán un robot social que ademais de dar seguimento aos usuarios desde o punto de vista médico, moverase de forma autónoma polos seus fogares, podendo localizalos, identificalos e comunicarse con eles co comportamento máis humano e amigable posible.
Colaboradores
Como colaboradores de Balidea participarán o Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) da Universidade de Vigo, que achegará apoio no desenvolvemento das interfaces conversacionais, e a Fundación IDIS, que se encargará de definir os cribados e protocolos médicos a aplicar.
En relación aos protocolos sociais, prevese contar coa participación de importantes empresas do ámbito sociosanitario, nas que se levará a cabo o proxecto piloto con potenciais persoas usuarias finais. Para iso prevese contar tamén coa participación de ITGALL, o LIVING LAB do ámbito dos coidados do CSG (Clúster Saúde Galicia), onde se testan solucións de base tecnolóxica e/ou dixital, creado a partir do proxecto europeo H2020 IN4AHA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?