Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 50 emprendementos serán seleccionados para participar na 9ª edición do Pont-Up Store
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 50 emprendementos serán seleccionados para participar na 9ª edición do Pont-Up Store

S. P.
Publicado: 16/06/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

pont_up_store_presentacion.jpgNa mañá deste xoves 16 de xuño presentouse en Pontevedra a novena edición da Pont-Up Store, a feira de innovación e emprendemento da cidade do Lérez, que este ano vaise celebrar durante os días 23 e 24 de setembro na habitual carpa instalada na praza de España, e que terá tamén un programa de actividades paralelas en diversos puntos da cidade. Amais, acubillará máis de 50 emprendementos seleccionados.
Na presentación participaron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger; o deputado de infraestruturas da Deputación de Pontevedra, Gregorio Luís Agís Gómez; a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco Rial; e o director do encontro, o profesor do grupo de investigación G4 Plus da Universidade de Vigo, Pedro Figueroa Dorrego.
O reitor da UVigo, celebrou que Pontevedra se vaia converter por novena vez na capital do emprendemento galego, e asegurou que “a economía galega ten que sustentarse no traballo das persoas emprendedoras que crean riqueza e fan país”.
Gregorio Luis Agís cualificou o encontro como un “evento moi motivador e un referente a nivel galego” e o alcalde destacou a “explosión de creatividade e innovación das iniciativas empresariais, o que demostra confianza no futuro deste país”. Pola súa banda, Figueroa agradeceu o apoio incondicional das entidades patrocinadoras e asegurou que esta edición ten a misión de “reactivar e dar apoio ao emprendemento galego nun momento especialmente delicado para a economía, nun contexto marcado polas consecuencias da pandemia e da crise enerxética provocada polo conflito europeo, que limita a moitas iniciativas pero que tamén abre moitas oportunidades”.
Tres modalidades
pont_up_store-3.jpg Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 35 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades demostrativas dentro do programa; e participar na feira de talento Pont-Up Exprés. As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades ata o 6 de xullo a través da web www.pontupstore.com. A decisión da xunta directiva farase pública o 21 de xullo. En total, van ser seleccionados para participar nesta novena edición máis de 50 emprendementos.
O director do encontro avanzou que esta edición porá o foco “na internacionalización das empresas a través de varias actividades de networking que permitirán aos novos proxectos de mercado galegos conectar con proxectos doutros países para intercambiar experiencias e coñecemento”. A sustentabilidade será a outra gran liña de traballo do encontro, que incluirá no programa unha interesante actividade para promover a economía circular.
Dentro das actividades dedicadas a promover a cultura emprendedora, co apoio de Abanca e Gadis presentarase unha aplicación pensada para promover os valores do emprendemento a través dunha actividade organizada pola empresa Skeirrum mediante unha Street Escape ou Escape Room ao aire libre, na que participarán equipos de alumnado de Secundaria e da Universidade, co obxectivo de promover o patrimonio cultural e histórico da cidade de Pontevedra así como a cultura emprendedora, a través dun percorrido interactivo polos puntos máis emblemáticos da cidade, nos que estarán escondidos códigos QR, que as persoas participantes terán que atopar para acceder a través deles a unha aplicación web na que encontrarán diferentes adiviñas, enigmas e probas contextualizadas na historia da cidade.
Ademais volverán os obradoiros de R, enfocados a espertar a vocación emprendedora en contornas tecnolóxicas a idades temperás; e dentro do ámbito do emprendemento social, mostrarase o labor que desenvolve a asociación solidaria Publicitarios Implicados, nacida para dar un servizo completo de comunicación publicitaria a micro-ONGs, plataformas de afectados ou colectivos solidarios, que non poden asumir os custes dunha axencia de publicidade.
pont_up_store_relatores.jpg Dentro do programa desta edición, o director do Pont-Up Store destacou o Pont-Up Exprés, “o talent show do emprendemento galego”, que permitirá a 10 iniciativas empresariais presentar os seus proxectos a un xurado integrado por catro representantes de importantes empresas e entidades galegas. A finalidade desta actividade é “facilitar o achegamento e o diálogo entre persoas emprendedoras e o tecido empresarial galego a través da presentación de 10 proxectos de novo emprendemento, cun formato dinámico e áxil, que se organiza en presentacións de cinco minutos de duración”. Figueroa presentou o xurado desta edición, que estará integrado por: Rosa María Seoane Domínguez, xerente de Abanca Innova e xerente de Comunicacións, Xoán Martínez Reboredo, director executivo de Kaleido, Ideas & Logistics, Eva López Barrio, coordinadora do Proxecto Innovatia 8.3 do Instituto das Mulleres (USC) e Iago González Penedo, director comercial en Disgobe.
A feira Pont-Up Store é unha iniciativa do Grupo G4 Plus da Universidade de Vigo, liderada polo Campus Crea de Pontevedra, e conta co apoio da Concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, e tamén co respaldo da Deputación de Pontevedra, Abanca e R entre outras entidades públicas e privadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?