Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN prepara a V edición do Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN prepara a V edición do Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia

S. P.
Publicado: 17/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

encontro_deseno_gain.jpgDende GAIN anuncian a data para a celebración do Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia, será o 29 de xuño no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol. Emporiso, o formato deste evento será híbrido presencial-virtual para conmemorar, por quinto ano consecutivo, o Día Mundial do Deseño Industrial.
A finalidade desta xuntanza é levar ás pemes galegas o potencial do deseño como recurso estratéxico para a innovación sostible e a competitividade.
Así, as persoas participantes terán acceso a unha visión práctica e aplicada a través da presentación de varios casos de éxito. Trátase das experiencias de empresas galegas que xa están a desenvolver proxectos grazas ao apoio do Programa Deseña PEME da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo axudar a incorporar o deseño nas empresas galegas e poñer en valor a figura do profesional do deseño como elemento transformador.
Indo ao miolo do encontro, dicir que contará con tres enfoques diferentes celebrándose tres mesas redondas nas que as pequenas e medianas empresas serán protagonistas: Futuro dixital e desenvolvemento sustentable- Star Electrónica e MRF. O rural como motor empresarial e de innovación- A-vida by Idoia Cuesta e Granja Campomayor. Economía circular e creativa- Veigas de Sabugueiro e Calor Color.
A visión empresarial completarase co relatorio de Carlota Corzo (co-fundadora de Lázzaro) que tratará sobre a transparencia, a seguridade e a rastrexabilidade a través do deseño dixital.
O Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia vai encamiñado a representantes de PEME e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación, competitividade e sustentabilidade. A profesionais do deseño de todas as áreas de especialización (gráfico, estratéxico, de espazos, dixital, de moda, industia e produto). E estudantes de deseño e outras disciplinas relacionadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?