Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Manuel Gago e Pepe Solla, protagonistas do novo capítulo do programa en liña Referentes T2
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Manuel Gago e Pepe Solla, protagonistas do novo capítulo do programa en liña Referentes T2

S. P.
Publicado: 17/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

manuel_gago_pepe_solla-19.jpgO escritor, xornalista, blogueiro e profesor Manuel Gago (Palmeira, 1976) é un dos protagonistas de Referentes T2 no mes de xuño, o terceiro capítulo do programa de encontros de divulgación impulsado dende a Deputación da Coruña e presentado por Marga Pazos. Compartirá cadro (e conversa) co cociñeiro e músico Pepe Solla (Poio, 1966). O episodio poderá verse a través do perfil de Facebook e da canle de Youtube da área de Cultura da Deputación o venres 24 de xuño a partires das 12h.
Como abordan as súas respectivas carreiras profesionais, os inicios e os referentes, o traballo en equipo e, mesmo, a evolución da sociedade nas dúas últimas décadas centran unha conversa que ten como escenario Casa Solla. O cociñeiro Pepe Solla fai un percorrido pola súa traxectoria a cargo do restaurante familiar, explicando as dificultades que atopou cando asumiu a xerencia, ao tempo que analiza a evolución social nos últimos 20 anos a través do comportamento e os hábitos de consumo das persoas que acoden ao seu restaurante.
Pola súa banda, o xornalista Manuel Gago explica a súa relación coa comunicación e a investigación, a través dun universo de intereses particulares que abranguen un amplo abano temático que vai desde o patrimonio arqueolóxico ata a gastronomía. Tamén aborda o seu propio proceso creativo como escritor, particularmente referíndose ao seu último libro publicado.
manuel_gago_pepe_solla-9.jpg Referentes T2 estreouse o pasado mes de abril coa conversa entre Margarita Ledo e Xabier Fortes, continuou en maio co episodio que protagonizan Melania Freire e Pepe Barro e, tras esta terceira entrega con Pepe Solla e Manuel Gago, continuará despois de verán con tres novas conversas que se emitirán nos meses de setembro, outubro e novembro.
Pepe Solla é cociñeiro, membro fundador do grupo Nove e músico. O seu restaurante, Casa Solla (de xestión familiar e cuxa xerencia asumiu en 2001) ten de xeito ininterrompido unha Estrela Michelín desde o ano 1980, situándose entre os oito restaurantes máis antigos do Estado e no decano de Galiza na Guía Michelín. Tamén conta con tres Soles Repsol e o propio Pepe Solla recibiu numerosos recoñecementos ao seu traballo como cociñeiro. Compaxina a súa actividade en Casa Solla coa xestión doutros establecementos de restauración e con cursos, clases maxistrais, showcookings en certames sectoriais, e coa presentación de programas gastronómicos en Canal Cocina.
Manuel Gago é investigador, docente universitario, comunicador e escritor. É docente na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, membro do Grupo de investigación en Novos Medios da USC, e mantén en activo Capítulo 0, considerado o blog en activo máis vello do Blogomillo. É director do portal do Consello da Cultura Galega culturagalega.org e ten participado en diversos proxectos expositivos e en proxectos de escavacións arqueolóxicas. Como escritor ten publicadas cinco obras de narrativa e tres de ensaio. A súa última novela titúlase Nus e foi editada por Xerais en 2021.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?