Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os equipos de Talentos Inclusivos do CITIC presentan este venres as súas solucións para persoas con parálise cerebral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os equipos de Talentos Inclusivos do CITIC presentan este venres as súas solucións para persoas con parálise cerebral

S. P.
Publicado: 17/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

talentos_inclusivos_citic.jpgO proxecto Talentos Inclusivos, posto en marcha polo Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña e ASPACE Coruña, finaliza este venres 17 de maio a súa segunda edición con preto dunha vintena de solucións tecnolóxicas desenvolvidas por parte de estudantes de centros educativos de toda a provincia, todas elas co nexo común de mellorar a calidade de vida de persoas con parálise cerebral. Os resultados desta segunda edición do proxecto preséntanse este venres nunha xornada de clausura. Será a partir das 10:30 h no salón de actos do edificio da Facultade de Socioloxía e da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC.
A iniciativa conta co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.
Segundo informa o CITIC, Talentos Inclusivos ten o obxectivo duplo de “espertar vocacións tecnolóxicas entre a xuventude e, á súa vez, sensibilizar sobre a diversidade funcional, a través da colaboración entre equipos de traballo formados por estudantes de Secundaria e Bacharelato xunto con usuarios de ASPACE, para resolver retos tecnolóxicos propostos por persoas con parálise cerebral”.
Preto de 200 estudantes de Secundaria e Bacharelato de 10 centros educativos da provincia da Coruña participaron no proxecto. Algúns dos retos que se presentarán son ramplas de accesibilidade en impresión 3D portátiles, timbre e mando a distancia de televisión adaptados, produtos de accesibilidade para ordenador e tableta, e diferentes xogos como dominós, videoxogos e elementos de ocio-musical controlados por sensores.
A mesa de apertura do acto contará coa presenza do vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, Salvador Naya Fernández; a subdirectora xeral de Innovación, Orientación e Formación de Recursos Humanos da Xunta de Galicia, Mª Eugenia Pérez Fernández; a directora do departamento de Cultura Científica e da Innovación da FECYT, Rosa Capeáns Garrido; o concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego do Concello da Coruña, Jesús Celemín Santos; o secretario do Consello Social da UDC, Jesús Spósito Prado; e a presidenta de ASPACE Coruña, Carmen Barreiro Santos. Posteriormente, os equipos de estudantes presentarán os seus traballos, introducidos polo investigador principal do proxecto e subdirector do CITIC, Javier Pereira Loureiro, e a coordinadora do proxecto en ASPACE, Iria Robles Viqueira. Finalmente, o director do CITIC, Manuel F. González Penedo, pechará a xornada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?