Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abre o prazo para achegarmos suxestións á aplicación móbil da Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abre o prazo para achegarmos suxestións á aplicación móbil da Xunta

S. P.
Publicado: 20/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobil_usuari3746-5ae89.jpgO Goberno galego informou da apertura da consulta cidadá para dar forma á aplicación A Xunta no móbil, que é a ferramenta móbil que permitirá o acceso aos servizos da administración dende dispositivos. Baixo o epígrafe Eu participo, a sede electrónica da Xunta de Galicia abriu este luns 20 a dita recepción de suxestións da cidadanía. As persoas que participen nesta consulta poderán valorar a importancia dunha serie de servizos para a súa inclusión na aplicación, e poderán tamén suxerir outras funcionalidades para a nova ferramenta.
Xunta EU será a aplicación móbil de referencia e ofrecerá os servizos da administración dixital “dun xeito doado, inmediato, personalizado e adaptado ás características dos dispositivos móbiles”, en palabras da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), encargada da creación desta app, que destaca que para o seu desenvolvemento “primarase a accesibilidade e a usabilidade”.
Entre os servizos que está previsto que estean incluídos na aplicación atópanse o acceso as tarxetas acreditativas, como o carné para xente nova ou a de familia numerosa, así como a obtención dos diferentes certificados oficiais.
A cidadanía poderá tamén xestionar desde teléfonos ou tabletas as citas coas oficinas de atención a cidadanía e rexistro, e recibirá todo tipo de avisos como o que advirte da proximidade da caducidade da Chave 365.
A nova aplicación incluirá, entre outros aspectos, a xestión dos datos persoais da Carpeta Cidadá, a consulta de expedientes, a consulta das entradas realizadas no rexistro, a consulta de apoderamentos ou a consulta de prestacións dos Servizos Sociais. A aplicación permitirá tamén firmar de xeito electrónico documentos administrativos dende os dispositivos móbiles.
A través do teléfono, as persoas usuarias poderán tamén subscribirse a informacións da Xunta en función dos seus interese, así como trasladar todo tipo de queixas e suxestións.
A Xunta no móbil é un dos obxectivos da Estratexia Galicia Dixital 2030 e estará incluído no III Plan de Administración e Goberno Dixital 2025 que será aprobado proximamente polo Consello de Goberno.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?