O Goberno galego, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, puxo a disposición do tecido empresarial da nosa terra unha nova ferramenta informática para intercambiar datos e axustar a oferta á demanda laboral. Esta novidade foi debullada nos seus detalles pola conselleira María Jesús Lorenzana no marco dunha xuntanza de traballo co presidente da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (FECA), José Luis Vilanova.
Segundo fixo saber Lorenzana, a nova aplicación vén da man do Servizo Público de Emprego e está aberta á incorporación do meirande número posible de federacións e asociacións de empresarios de Galicia. De feito, cando maior sexa a participación, máis óptima será a actividade da ferramenta en materia de orientación e colocación de traballadoras e traballadores. A titular de Promoción do Emprego e Igualdade apelou de feito á colaboración público-privada para poder dar solución á falta de man de obra que existe na actualidade nalgúns sectores de actividade.
Emprego pon a disposición das empresas unha ferramenta informática para intercambiar datos
Compartir Este Artigo

