Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG achega en liña a xornada conmemorativa dos 75 anos do Galician Programme na BBC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG achega en liña a xornada conmemorativa dos 75 anos do Galician Programme na BBC

S. P.
Publicado: 21/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccg_emisions_galegas_na_bbc.jpgO Consello da Cultura Galega vai celebrar este 21 de xuño, cunha xornada, o 75 aniversario do inicio das emisións do Galician Programme na canle británica BBC, unha programación radiofónica estable en galego cara ao mundo que veu co engadido extra de terse materializado nun contexto extremadamente represivo: o contexto franquista do ano 1947. O CCG conmemora este acontecemento histórico que en boa maneira serve de alicerce á revolución cultural galega que podemos ver hoxe na Rede. De feito, a cita deste martes servirá tamén para analizar as posibilidades que ofrecen as novas canles e ferramentas para dar azos a iniciativas análogas.
Impulsado por un produtor da Sección Española, o exiliado ourensán Alexandre M. Raimúndez, o Galician Programme mantívose activo entre 1947 e 1956. Polos seus micrófonos pasaron Plácido Castro, Leuter González Salgado, Felipe Fernández Armesto, Xosé Ramón Fernández-Oxea “Ben Cho Sey” e Francisco Fernández del Riego, entre moitos outros.
O Consello da Cultura Galega (CCG) destina este martes 21 de xuño unha xornada para contextualizar este fito e, de paso, homenaxear aos seus artífices.
A cita é presencial pero pode seguirse en directo a través da web da institución.
A xornada está artellada arredor de catro mesas. A primeira delas, moderada por Xulio Ríos, leva por título Radiodifusión exterior, franquismo e Guerra Fría e nela participan a profesora e directora de cine, Margarita Ledo Andión, e Luis Zaragoza Fernández, xornalista de Radio Nacional de España e historiador. De seguido, María Xosé Porteiro modera outra mesa que analiza o papel da BBC e as súas emisións exteriores. Con Guy Hedgecoe, correspondente da BBC, e Inma Gil Rosendo (que intervirá de maneira telemática), xornalista multimedia e analista de datos e estratexia en YouTube para o departamento de Desenvolvemento Dixital do Servizo Mundial da BBC.
A cita continúa pola tarde con dúas mesas: a primeira afonda nas emisións en catalán e éuscaro na BBC a cargo de Cinto Niqui Espinosa, doutor en Ciencias da Comunicación e director do programa L’altra ràdio de Radio Nacional de España (que participa por vídeo-conferencia) e outra por Leyre Arrieta Alberdi, doutora en Historia Contemporánea e profesora titular da Universidad de Deusto. Esta conversa contará coa moderación de Tino Santiago. A segunda e última consiste nun diálogo entre Afonso Vazquez-Monxardín, catedrático de Lingua e Literatura Galega no Ensino Medio e autor dunha publicación sobre este programa, mais Antonio Raúl de Toro, catedrático honorario de Filoloxía Inglesa na Universidade da Coruña. María Obelleiro é a encargada de moderar esta mesa que analizará o galego nas emisións da BBC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?