Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG exhibe en Expodrónica as solucións tecnolóxicas que impulsarán o sector dos drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG exhibe en Expodrónica as solucións tecnolóxicas que impulsarán o sector dos drons

S. P.
Publicado: 21/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

itg__expodronica_3_1_.jpgO Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) vai presentar estes días (ata o xoves 23) as súas solucións en materia aeronáutico-tecnolóxica na feira Expodrónica, destacado evento nacional centrado nos sistemas aéreos non tripulados (UAV) e abeirado ao World ATM Congress 2022. As novidades dadas a coñecer polo ITG dan resposta aos principais retos aos que se enfronta este mercado en auxe: a automatización e a autonomía dos UAV e a xestión do tráfico aéreo ou U-Space.
itg_expodronica_2_1_.jpg A un nivel máis concreto, a caseta de ITG será o punto de información principal sobre as solucións DroneSafeBox do instituto (o hangar robotizado para voos autónomos ou controlados desde localizacións remotas); sobre DroneSuite (unha plataforma na nube que aglutina as ferramentas e utilidades necesarias para xestionar, operar e administrar múltiples voos con drons); e sobre a plataforma U-Space Airus Suite. Así mesmo, ITG avanzará na feira as novidades da demostración dun servizo de taxi aéreo que se vai celebrar en Galicia en 2022 enmarcada no proxecto europeo H2020 AMU-LED.
Ademais, o centro tecnolóxico exporá os avances de Galaxy-Lab, o laboratorio avanzado de Intelixencia Artificial aplicada a vehículos aéreos que está a desenvolver e que contará cun investimento de 1,5 millóns de euros.
itg_expodronica_1_1_.jpg O Instituto Tecnolóxico de Galicia manterá en Expodrónica encontros con empresas clientes e partners como Boeing, Eurocontrol, Enaire, NTT Data, Sener Aeroespacial, Openvia Air e AME (Alliance for New Mobility Europe), entre outros. Analía López Fidalgo (directora da división de Sensórica e Sistemas Aéreos non Tripulados de ITG) intervirá no relatorio Civil UAVs Initiative: unha visión integrada, que se celebra este martes 21 no Civil UAVs Initiative Theatre.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?