Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG anuncia os galardoados co Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG anuncia os galardoados co Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Redacción
Publicado: 23/06/2022
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

dinapsis_viaqua_02.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) creou unha nova categoría de premio nesta XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, o Premio Obxectivos de Desenvolemento Sostible (ODS), que este ano foi para a rede Dinapsis de Viaqua e o grupo de investigación SING da Universidade de Vigo (UVigo). O CPEIG considera que a tecnoloxía é unha ferramenta fundamental para alcanzar os dezasete ODS de desenvolvemento sostible marcados pola Asemblea da ONU na súa Axenda 2030, que demostrou a súa transversalidade e como pode catalizar o avance e desenvolvemento social, económico, de igualdade e cohesión. “Queremos visibilizar esta faceta social e transversal da tecnoloxía premiando a diversas organizacións” – sinala o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.
O CPEIG premiou á empresa do sector do medio ambiente Viaqua, que xestiona todos os procesos relacionados co ciclo integral da auga en Galicia. A compañía integrou os ODS na súa estratexia corporativa ata convertelos nunha panca de cambio e transformación da empresa para favorecer un ecosistema urbano sostible, resiliente e próspero. Para axudar nos desafíos da escaseza de recursos e facer fronte ao cambio climático, Viaqua aposta pola transformación dixital das operacións e procesos no ámbito da xestión do ciclo integral da auga e da saúde ambiental para lograr territorios máis sostibles na súa folla de ruta cara a transición ecolóxica.
Así, Viaqua impulsa en Galicia Dinapsis, rede de hubs de transformación dixital para a xestión da auga e o medio ambiente promovida por Agbar, grupo empresarial ao que pertence. Fomenta o desenvolvemento de cidades e municipios intelixentes, resilientes e verdes, coa incorporación de novas tecnoloxías, como o Internet of things, os xemelgos dixitais, o Big Data, a Intelixencia Artificial, o computer vision ou o machine learning destinados a incrementar a eficiencia na prestación de servizos e mellorar o rendemento de todos os activos que forman parte das infraestruturas.
Segundo explica a empresa, a combinación desta tecnoloxía e o coñecemento avanzado da operación, denominado intelixencia operacional, permite perfeccionar a xestión dos recursos en tempo real, anticiparse ás posibles crises, optimizar os investimentos a medio prazo, e desenvolver novas solucións mediante a colaboración con terceiros vía os labs de innovación, con startups, universidades, administracións, centros de investigación ou empresas. Dentro desta rede, formúlanse tres áreas de solucións dixitais: Dinapsis for Water para optimizar o ciclo da auga, Dinapsis for City para acelerar e mellorar a transición ecolóxica das cidade e pequenos núcleos de poboación, e Dinapsis Circular Economy para axudar ás industriais a ser máis sostibles.
O director xeral de Viaqua, Marcos Martín, que recollerá na gala de A NOITE o premio, explica que o despregue da estratexia Dinapsis a nivel nacional ten, de momento, como resultados un aforro da emisión de 5.497 toneladas de dióxido de carbono, o tratamento anual de máis dun billón de litros de auga residual, 24 megavatios de biogás xerado ao ano, máis de 4.000 sensores controlados na rede, máis de 7.000 estacións de capturas de datos, máis de 67.000 quilómetros de rede sensorizada, máis de 2 millóns de contadores de telelectura instalados, 10 algoritmos predictivos deseñados para controlar os procesos operativos clave no ciclo integral da auga, e 4,5 millóns de litros ao ano aforrados coa xestión dixital de consumos.

O grupo SING da UVigo desenvolveu nos últimos dezaseis anos numerosas aplicacións en bioinformática

dinapsis_viaqua_01.jpgA outra entidade premiada nesta nova categoría é o grupo SING, Sistemas Informáticos de Nova Xeración da Universidade de Vigo (UVigo), formado por investigadores da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do Campus de Ourense, integrado no Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da UVigo e que forma parte do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS).
O grupo SING traballa en varias liñas de investigación, enmarcadas en bioinformática (co desenvolvemento de múltiples ferramentas, a maioría software libre, de análise de datos biolóxicos en xenómica, proteómica, farmacoxenómica, etc); a análise intelixente de textos biomédicos (biomedical text mining); bioinformática traslacional (ferramenta PanDrugs); enxeñaría biomédica (proxecto PolyDeep); e informática médica (proxecto InNoCBR), empregando en moitas destas liñas Intelixencia Artificial (Aprendizaxe Automático, Aprendizaxe Profundo) e facendo desenvolvementos de enxeñaría de software avanzados (aplicacións cliente/servidor, frameworks e librerías propias).
Coordinado polo catedrático Florentino Fernández-Riverola, o grupo SING está formado por nove investigadores principais da ESEI da UVigo, aos que se suman investigadores contratados de predoutroramento e postdoutoramento. “A nosa misión é a aplicación de técnicas de Intelixencia Artificial (IA) e Minería de Texto (TM), xunto coas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) para resolver problemas nos dominios da biomedicina e a seguridade informática, e establecer colaboracións sólidas e de longo prazo con empresas nacionais e internacionais, centros de investigación de renome, así como con hospitais e empresas TIC da contorna” – explica Riverola–.
O grupo de investigación desenvolveu nos últimos dezaseis anos numerosas aplicacións en bioinformática. Destaca a ferramenta PanDrugs, desenvolta polos investigadores do SING e profesores da ESEI da UVigo, Miguel Reboiro Jato e Daniel González Peña, en colaboración co Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO). Proporciona unha plataforma bioinformática para priorizar os tratamentos farmacológicos contra o cancro de acordo cos datos xenómicos individuais.
Sobresae tamén o proxecto InNoCBR, no que interveñen como investigadores principais Daniel González Peña e María Sande Meijide do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU). Trátase dun programa pioneiro de vixilancia para a detección de infeccións no ámbito hospitalario a través dun software que aplica a IA para buscar e clasificar casos de infección nosocomial.
Outro dos proxectos sinalados é o PolyDeep, un sistema de IA capaz de detectar e clasificar pólipos colorrectais en tempo real, onde os investigadores principais foron Daniel González Peña e Miguel Reboiro Jato, en colaboración co Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, concretamente co grupo GIODO (Grupo de Investigación en Oncoloxía Dixestiva de Ourense), coordinado por Joaquín Cubiella Fernández.
Desenvolveron un sistema de apoio que busca mellorar a detección e diagnóstico de pólipos colorrectais en tempo real durante as colonoscopias, redundando non só na mellora do diagnóstico e tratamento do paciente, senón no potencial aforro de custos en forma de reseccións ou biopsias innecesarias. Permite ademais a clasificación automática dos pólipos colorrectais, de xeito que o modelo avisa ao endoscopista durante a exploración da presenza de pólipos pero tamén do tipo de pólipo detectado. No marco deste proxecto os investigadores crearon un amplo banco de imaxes e vídeos de colonoscopias con información histolóxica e de localización de pólipos que está dispoñible para a comunidade científica a través do Biobanco do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Actualmente, o grupo continua con PolyDeepAdvance, no que se levará a cabo unha validación clínica ampla e un plan de acceso ó mercado.
Moitas destas ferramentas están en servidores propios do grupo dentro do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) da UVigo, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense. Ademais, SING foi Grupo de Referencia Competitiva (GRC) da Xunta de Galicia entre 2019 e 2021, e actualmente ten solicitada a renovación desta importante distinción.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?