Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Setembro tráenos dende Vigo a segunda edición da conferencia de desenvolvedores PulpoCon22
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Setembro tráenos dende Vigo a segunda edición da conferencia de desenvolvedores PulpoCon22

S. P.
Publicado: 23/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pulpocon22.jpgO ecosistema tecnolóxico vigués (VigoTech Alliance), a través de CraftersVigo e a Asociación Tecnolóxica A Industriosa, organizan unha conferencia anual para desenvolvedores de software de toda España e Portugal. Trátase da segunda edición de PulpoCon22, que se celebra entre o 1 e o 3 de setembro en Vigo, xuntando relatores e relatoras de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional.
Antecedentes
Na súa primeira edición en 2019 asistiron máis de 200 persoas e logrouse un importante impacto e recoñecemento no sector a nivel nacional. Os obxectivos son múltiples: fomentar as boas prácticas de desenvolvemento, compartir coñecemento, fomentar o networking, atraer talento e dar a coñecer as capacidades de Galicia en canto ao desenvolvemento de software.
Esta conferencia está organizada por Rolando Caldas, Patricia Malvido e Sergio Carracedo, recoñecidos integrantes da comunidade de desenvolvemento en Vigo, que traballan de forma desinteresada neste proxecto para tratar de dar a coñecer o talento galego no mundo.
Será na sede de AFundación e o programa inclúe obradoiros e conferencias.
Galifornia
En palabras do equipo de organizadores, o obxectivo é poñer a Galicia (ou Galifornia, como recordan que é coñecida no sector, en alusión ao importante peso que está a ter o sector na nosa terra) como referente a creación de software mundial.
Para garantir e fomentar a diversidade, conseguiuse un cartel de relatores paritario, composto por 10 mulleres e 8 homes, seleccionados polo seu talento e recoñecemento. Ademais, poranse a disposición dos colectivos habitualmente “infrarrepresentados no sector” entradas totalmente gratuítas, coñecidas como entradas Diversity.
Tras o éxito da primeira edición, nesta segunda, engádense ao programa obradoiros prácticos de testeo, código limpo, devops, entre outras temáticas, impartidos por profesionais da talla de Carlos Buenosvinos (CTO de Seat:Code), Christian Soronellas (co-autor do libro de DDD), Isabel Garrido e Verónica Flores (Seat:Code), Gemma Jorba (Pridatect), Rosa Ferrando & David Macia (Nextail), Lucía Díaz Rodríguez e az González De la Fuente (Gradiant)
No relacionado coa conferencia, o cartel é variado en canto a temáticas con relatorios sobre Intelixencia Artificial e Machine Learning, Computación na nube e dispositivos embebidos, tesiing, frontend, etc. impartidos por: Ana Fernández Del Rio (directora de investigación en ciencia de datos, en Benshi.ai), Eloy Coto Pereiro (RedHat/IBM), Paula Julve (Form3), Nuria Soriano (CodelyTv), Concha Asensio (Codiumteam), Ricard Clau (Contract), ademais dun espectáculo “sorpresa” para o peche da conferencia.
A conferencia conta con recoñecidos patrocinadores do sector tecnolóxico, como Cabify, Twilio, Nextail, NewRelic, Boardfy, Benshi.ai, o centro tecnolóxico galego Gradiant, Siteground, Arengu, Hackaboss, Ulteria, Auth0, Marine Instruments. O prezo das entradas arrinca en 20 euros para asistir as conferencias (40 euros incluíndo a comida no propio recinto)

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?