Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME afronta o remate de xuño con catro novos obradoiros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME afronta o remate de xuño con catro novos obradoiros

S. P.
Publicado: 27/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

smartpeme-21aa2a-05113-10.jpgA Deputación de Pontevedra, a través da rede de capacitación tecnolóxica e transformación SmartPEME, oferta catro novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros para persoas autónomas, empresas, profesionais e cidadáns en xeral. As accións abordarán as vertentes empresariais de Pinterest, o copywriting na Web e nas redes sociais, a venda de produtos en Facebook e Instagram e a fabricación dixital con escaner 3D.
O martes 28 de xuño, na quenda da mañá, Esther Garcinuño diplomada en Ciencias Empresariais impartirá o taller Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest. Nel darase a coñecer en profundidade esta rede social baseada en taboleiros de fotografías que se poden gardar e compartir e como implementala na estratexia de social media.
Na quenda da tarde, Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, versará sobre Copywriting aplicado a web e redes sociais”. Un curso que explicará que é o copywriting, os seus tipos, como escribir un bo copy e como usalo nas nosas páxinas web e redes sociais. Ambas accións instruiranse a través de Zoom.
O mércores 29 as 12 h ofrécese o obradoiro Vende os teus produtos en Facebook e Instagram. Nesta actividade amosarase como utilizar estas aplicacións como ferramentas de venda directa, como crear unha tenda en Facebook ou Instagram e varios exemplos de éxito. A encargada de conducilo será Laura Carrera, que conta cunha ampla experiencia asesorando a empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e a mercadotecnia dixital.
Finalmente, o xoves 30 desenvolverase o derradeiro dos obradoiros do mes. O experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire, impartirá Fabricación dixital. Escáner 3D. O obxectivo é dar a coñecer as tecnoloxías implicadas no proceso de produción dixital. Este é un curso de formato mixto no que se combinan clases en liña e prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?