Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés pon en xogo un equipamento para solucionar nos nosos fogares o problema do fading
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés pon en xogo un equipamento para solucionar nos nosos fogares o problema do fading

S. P.
Publicado: 29/06/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

televes_ellipse.jpgA empresa galega Televés, referente mundial en equipamentos de telecomunicación e eSaúde, vén de compartir detalles sobre unha tecnoloxía de seu encamiñada a liberar os nosos fogares dun problema no sinal de televisión que acada especial intensidade durante o verán: o fenómeno coñecido como fading. A tecnoloxía de Televés non é outra que a antena Ellipse, “a mellor solución á hora de mitigar os desmaios de sinal dos nosos televisores”, segundo explican fontes da empresa de Santiago, engadindo que se trata dun problema que afecta “a máis de 18 millóns de españois, case o 40% da poboación do país, especialmente en zonas costeiras”. Esta incidencia, por certo, vaia a máis a medida que recrúan as vagas de calor.
Os desmaios de sinal
Televés explica que “cando falamos de desmaios non facemos referencia aos sufridos polos sectores da poboación máis vulnerables ás condicións climatolóxicas, senón ao fading do sinal de televisión”. Trátase, engade a empresa, “dun fenómeno especialmente habitual nas zonas costeiras, onde a calor e a humidade golpean con especial severidade, pero que pode darse en calquera punto onde as condicións do medio de propagación sufran alteracións que provocan que a sinal se deteriore”. O termo, proveniente do inglés, significa desmaio e fai referencia aos problemas de recepción de canles que fan que a calidade do sinal de TDT sufra unha degradación. Degradación que provoca que non podamos ver as canles.
Un fenómeno especialmente doloso en zonas costeiras
televes_usuaria.jpg Nas zonas costeiras, a causa da calor estival, evapórase unha gran cantidade de auga. Isto, xunto ás altas temperaturas en si mesmas, a humidade e as mareas, altera as condicións do medio de propagación, xerando condicións diferentes entre os tramos terrestres e os mariños. “Este efecto”, sinala Televés, “é especialmente perentorio nas zonas sur e sueste de España, debido á gran potencia coa que emiten algúns transmisores da zona de Marrocos, causando interferencias na banda de frecuencias da TDT”. Esta disparidade nas condicións de propagación fai que o sinal se deteriore e degrade; un efecto que perdura mesmo de noite, cando os receptores domésticos continúan con graves problemas debido á maior intensidade dos sinais procedentes dos emisores máis afastados (ecos) por mor da mellora nas condicións de propagación.
Ellipse de Televés
Televés desenvolveu a última xeración da antena Ellipse, con tecnoloxía BOSS Tech que inclúe, en palabras da empresa, “o revolucionario circuíto electrónico T-Force e un filtro SAW de alto rexeitamento ante interferencias”. E engade: “Esta antena é moi directiva e está especialmente deseñada para filtrar e axustar automaticamente o sinal e liquidar moitos dos problemas xerados polo efecto fading, constituíndose Ellipse como a solución perfecta para todo profesional preocupado por ofrecer a máxima calidade nos seus proxectos de instalación”. A compañía de equipos de telecomunicación asegura, de feito, que se trata da “solución con mellores prestacións para mitigar estes fenómenos”.
Amais, fai saber que o rendemento da antena Ellipse vén avalado pola realización de diversos estudos tanto previos como posteriores ao seu desenvolvemento. “Nas medicións realizadas, a antena demostrou a súa alta capacidade para minimizar o impacto dos ecos e absorber as grandes fluctuacións nos sinais causados polo fading, mellorando en consecuencia a calidade do sinal de forma notable”, sinala Televés, engadindo que Ellipse ofrece “bos resultados mesmo en modo pasivo, mellorando os doutras antenas do mercado”. Porén, apunta, “a verdadeira intelixencia da antena actívase cando se alimenta con 12 ou 24 voltios; aí é cando a tecnoloxía BOSS Tech brilla realmente, con incrementos de potencia de sinal de máis de 10dBs, sen afectar a calidade de niveis MER-BER no devandito sinal”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?