Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Altia e a Zona Franca de Vigo invisten en Docuten
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Altia e a Zona Franca de Vigo invisten en Docuten

Redacción
Publicado: 30/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

docuten_zfv_altia.jpgA Zona Franca de Vigo, a través de Vigo Activo Sociedade de Capital Risco, e Altia investiron 1,2 millóns de euros (600.000 euros cada unha) en Docuten Tech, empresa que dixitaliza de forma completa as empresas, con axuda da sinatura dixital e a emisión e recepción de factura electrónica.
O delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, asegurou que “a dixitalización e a eliminación do papel é un proceso imparable, ao que as pequenas e medianas empresas están a sumarse. Entendemos que apoiar a Docuten é apoiar tamén ao tecido empresarial de pemes no seu proceso de innovación”.
Grazas a esta inxección de capital, Docuten, con sedes na Coruña e Madrid, poderá seguir a senda de crecemento dos últimos anos, nos que consolidou a súa posición no mercado español como unha das empresas de dixitalización mellor posicionadas para clientes medianos e grandes, ademais de redobrar a súa aposta polo mercado portugués.
O CEO de Docuten, Brais Méndez, declarou que “a aposta que fan por Docuten estas dúas institucións tan relevantes é o recoñecemento á estratexia de crecemento executada nos últimos anos” . Ademais, destacou que “a colaboración tanto con Vigo Activo como con Altia amplía as posibilidades de expansión do negocio da compañía”.
Os novos investidores únense a GoHub Ventures e a Torsa Capital que entraron na compañía en decembro de 2019.
Como recalca Brais Méndez, “é un luxo contar con 4 axentes tan importantes e con capacidades complementarias no accionariado de Docuten. A nosa intención sempre foi poder contar con investidores que se poidan complementar e que nos poidan achegar moito valor”.
Para Tino Fernández, presidente e fundador da compañía tecnolóxica Altia, “Esta decisión enmárcase na nosa estratexia de innovar e crecer con solucións que faciliten a dixitalización dos nosos clientes e a evolución dos seus negocios. En concreto, investimos en Docuten porque conta cunha plataforma tecnolóxica contrastada, que nós recomendamos e tamén utilizamos. Un proxecto que ademais está en pleno proceso de expansión, e para o que vemos perspectivas de crecemento elevadas tras os sucesivos cambios normativos que están a impulsar cada vez con maior vigor a sinatura e factura electrónica”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?