Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Orange presenta os resultados dos 13 casos de uso da 5G en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Orange presenta os resultados dos 13 casos de uso da 5G en Galicia

Redacción
Publicado: 30/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

orange_5g_santiago_mar_pereira.jpgOrange presentou hoxe en Santiago de Compostela os resultados dos 13 casos de uso que desenvolveu en Galicia no marco do seu proxecto do Plan Nacional 5G. A nosa comunidade foi o escenario de dous proxectos do Plan Nacional e un proxecto propio do Plan Galicia 5G. En total, desenvolvéronse 30 probas de uso de esta tecnoloxía en aspectos como a asistencia médica en calquera lugar, a loita contra os incendios, a banca en áreas rurais, a educación, o deporte, o turismo, o agro… Estas probas implicaron un investimento de máis de 22 millóns de euros e mobilizaron cerca de 40 entidades públicas e privadas.
Este posicionamento de Galicia como rexión de referencia cara ao despregamento desta tecnoloxía fixo que Galicia acollera a primeira experiencia mundial de roaming en 5G e Vigo e A Coruña están entre as primeiras cidades de Europa en dispoñer desta tecnoloxía.
No acto de Orange a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, destacou que Galicia foi “un excelente campo de probas da 5G” e destacou como obxectivos que as operadoras avancen no despregamento territorial desta tecnoloxía e que os casos de uso que foron un éxito se implanten como solucións reais nos diferentes ámbitos produtivos.
A directora da AMTEGA indicou que, na última década, “os resultados das políticas de transformación dixital permitiron a Galicia avanzar na converxencia coas rexións máis avanzadas de Europa”. Estes resultados permiten agora “afrontar unha nova etapa e falar do desenvolvemento en Galicia da 5G, da Intelixencia Artificial, dos servicios na nube, da robótica e a automatización de procesos…”. Os proxectos pilotos de 5G mostran a importancia de aplicar estas tecnoloxías dende unha fase temperá do seu desenvolvemento. Segundo manifestou Mar Pereira, Galicia pode facelo “ao dispoñer dun sector tecnolóxico maduro e unha sociedade cada vez máis preparada”.


O presidente de Orange España, Gervais Pellisier, e seu
conselleiro delegado, Jean-François Fallacher, tamén tiveron
un encontro co presidente da Xunta
, Alfonso Rueda.

Orange di considerar a Galicia unha das rexións chave para o desenvolvemento da súa actividade e quere contribuír de forma decidida á súa transformación dixital para impulsar as súas posibilidades de crecemento futuro, tal como quedou de manifesto no encontro celebrado entre o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; Gervais Pellisier, Presidente de Orange España; Jean-François Fallacher, CEO da compañía e Luz Usamentiaga, directora xeral de Regulación, Asuntos Públicos e Sustentabilidade de Orange.
En concreto, a compañía leva investidos en Galicia máis de 1.900 millóns de euros en conectividade, dos que 101 millóns dedicáronse a fibra óptica, o que se traduce en 670.000 fogares e comercios conectados en 70 municipios; e 227 millóns investíronse en despregamento 4G e 5G, o que posibilitou coberturas do 97,1% e 66%, respectivamente. Desta maneira, Orange xera preto de 2.400 empregos en Galicia, entre directos e indirectos e conta con 81 puntos de venda.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?