Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A TVG destina 330.000 euros a proxectos de contidos dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A TVG destina 330.000 euros a proxectos de contidos dixitais

Redacción
Publicado: 01/07/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

convocatoriaviva.jpgA CRTVG abre unha nova vía de produción e colaboración co sector audiovisual cunha convocatoria de selección de proxectos dixitais en lingua galega, a de maior contía económica ata a data. Elixiranse ata 42 proxectos destinados á emisión a través das canles dixitais, páxina web e redes sociais, dos medios públicos galegos. As propostas deberán ser contidos de ficción, humor, divulgación, educación, cultura ou infotainment en formato longo ou en forma de microespazos/serie, e deben ser feitas especificamente para a contorna dixital.
Esta convocatoria, que estará aberta ata o 15 de agosto, enmárcase na estratexia de dixitalización, innovación e posicionamento dos medios públicos na contorna dixital e a súa relación co sector audiovisual. Este proxecto ten o obxectivo de promover a creatividade neste eido e procurar novas formas de produción de contidos multiplataforma e/ou transmedia, en lingua galega, que permitan novas formas de interacción coa audiencia e dean cabida nos medios públicos a novas formas de expresión artística netamente dixitais.
Dos 42 proxectos que se seleccionarán, 12 deberán ser pezas de vídeo cunha duración entre 5 e 50 minutos, e cun orzamento por proxecto non superior aos 20.000 euros máis IVE. Os outros 30 proxectos deberán estar compostos por un conxunto de pezas de vídeo cunha duración mínima por peza de medio minuto e máxima de 10 minutos. O orzamento de cada proxecto non poderá superar os 3.000 euros,máis IVE.
A convocatoria foi deseñada tamén deste xeito para facilitar o acceso de pequenas empresas ou profesionais individuais que poden ter máis dificultades para presentar proxectos destinados á emisión por medios tradicionais e cun orzamento máis elevado.
Toda a información sobre a convocatoria pode consultarse no Portal de Transparencia da Corporación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?