Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Emprego e 17 influencers farán campaña nas redes sociais para sensibilizar sobre a igualdade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Emprego e 17 influencers farán campaña nas redes sociais para sensibilizar sobre a igualdade

S. P.
Publicado: 01/07/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

220701_conselleira_igualdade_followers_1.jpgA conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou unha nova edición da campaña #igualdadefollowers, que se basea en tirar proveito do ascendente das redes sociais entre a mocidade para levar á xente nova mensaxes contra a violencia de xénero, a prol da igualdade, e contra as discriminacións. Dezasete persoeiros influencers do mundo do deporte, a moda, o xornalismo, a investigación ou as artes, participarán na iniciativa que, tal e como reflectiu a conselleira, buscou recompilar testemuñas de personaxes relevantes desde unha óptica multidisciplinar.
A conselleira fixo un chamamento á xente nova xa que, como destacou, segue sen recoñecer de pleno a violencia de xénero na contorna dixital “normalizando o control das parellas a través de dispositivos móbiles, influíndo seriamente nunha situación de maltrato psicolóxico, e establecendo roles de poder diferentes que adoitan situar ao xénero feminino nun status inferior ao masculino”. Por este motivo, dixo, a Xunta conta nesta campaña con persoas referentes, “para que as e os guíen e lles expliquen como identificar, primeiro, e despois como combater as desigualdades que aínda persisten”.
A campaña desenvólvese en colaboración coa Asociación de Periodistas de Galicia e contará coas contribucións de persoas con ampla presenza en redes que suman milleiros de seguidores: Omaira Marcos (influencer especializada en moda), Adiaratou Iglesias (atleta, medalla de ouro e prata nos Xogos Olímpicos de Toquio), Manuel Jabois (xornalista e escritor), Ana Freire (enxeñeira e investigadora), Eva Porto (influencer especializada na busca de emprego), Paola Freire (especializada en gastronomía), Héctor Castiñeira (enfermeiro e divulgador sanitario), José Tubío (premio internacional de investigación sobre cancro), Patricia González (capitá do equipo de fútbol sala Pescados Rubén de Burela), Lara Lars (ilustradora e arquitecta), Natalia Álvarez (CEO de Walamami), Luis Zahera (actor), Daniel Minimalia (músico, gañador de Grammy Latino 2020), Nuria Pérez (escritora), Emma Lustres (produtora audiovisual), Javier Gómez Noya (triatleta), e Óscar Pereiro (ciclista e comentarista deportivo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?