Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega ás 50 entidades a comunidade da plataforma da peregrinación europea, rurAllure
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega ás 50 entidades a comunidade da plataforma da peregrinación europea, rurAllure

S. P.
Publicado: 08/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rurallure_rosendo.jpgA plataforma tecnolóxica rurAllure, dirixida a pór en valor o patrimonio rural e axudar a viaxar ás e aos peregrinos de todos os camiños de Europa, vén de incorporar un novo socio. Trátase da Asociación Amigos do Camiño Xacobeo de San Rosendo e da Rainha Santa, unha variante do sur da provincia de Ourense que parte de Braga e enlaza en Ourense coa Vía da Prata.
Liderado pola Universidade de Vigo, rurAllure é un proxecto H2020 financiado con tres millóns de euros. Coordinado polo investigador de AtlantTIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo) e docente da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, Martín López Nores, conta tamén co apoio da Facultade de Historia do Campus de Ourense a través da súa profesora Susana Reboreda, investigadora principal da área de Ciencias da Antigüidade do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da UVigo.
O coordinador de rurAllure amosa a súa satisfacción por esta nova incorporación, coa que xa ascenden a 50 as entidades e organismos de 11 países (ademais de España e Portugal, atópanse Italia, Hungría, Noruega, Eslovaquia, Austria, Alemaña, Romanía, Reino Unido e Francia) unidas á iniciativa. “O que pretendemos é crear un ecosistema de rutas de peregrinación a nivel europeo, de xeito que un peregrino teña información sobre puntos de interese local, tanto culturais e patrimoniais como sociais, que non están a pé de camiño”, engade o investigador.
No caso do ramal do Camiño de San Rosendo, López Nores explica que “segue os pasos da Rainha Santa que partiu da sé de Braga, nun trazado cheo de riqueza no que o peregrino descobre o legado dos romanos, a reserva do Biosfera Transfronteiriza Geres-Xurés, ata a vila de Celanova, fundada por San Rosendo e que ademais do seu patrimonio arquitectónico destaca polo literario, xa que foi berce de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Méndez Ferrín”.
Na actualidade rurAllure está a probar a primeira versión da súa plataforma dixital con catro pilotos correspondentes aos camiños con destino a Santiago, Roma, Trondheim (Noruega) e Csíksomlyó (Romanía). En 2023 a plataforma estará rematada con audio-guías e narrativas multimedia, información sobre tendas e servizos locais, transportes dispoñibles para os desprazamentos… converténdose “nun xestor de contidos único e homoxéneo” para todos os camiños de Europa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?