Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo anuncia a súa adhesión a Smart Agro nun ciclo sobre robótica agrogandeira
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo anuncia a súa adhesión a Smart Agro nun ciclo sobre robótica agrogandeira

S. P.
Publicado: 11/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

110722_ciclo_conferencias_robotica_deputacion_lugo.jpgEste luns celébrase en Lugo a primeira xornada do ciclo de conferencias Robótica agrícola e gandeira. A inauguración, que se desenvolveu no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, contou coa participación do da delegada do reitor Elvira López Mosquera, a directora da dita Escola, Rosa Romero, e o deputado de Promoción Económica e Socia, Pablo Rivera, quen puxo en valor a innovación ao servizo do sector primario e salientou o exemplo da Granxa Experimental do Leite, de titularidade provincial, como un exemplo de tecnoloxía avanzada ao servizo da gandería. A iniciativa, que continuará ata mañá, está organizada polo Campus e conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Rivera Capón incidiu en que o apoio á actividade agrogandeira “é precisamente unha das liñas de actuación fundamentais da Deputación de Lugo”. E engadiu: “Colaboramos coa Universidade de Santiago e co propio sector produtivo para impulsar accións, coma esta, que, a través da transferencia de coñecemento, axuden a mellorar a competitividade, a produtividade, a diversificación e a creación de valor engadido do sector agroalimentario da provincia”. Un dos proxectos destacados dentro da colaboración da institución provincial coa Universidade, dixo, “é a Granxa Experimental de Leite, na que temos un exemplo da robótica gandeira que abordan estas xornadas”.
Así mesmo, lembrou que a xunta de Goberno da Deputación aprobou o pasado venres a adhesión da entidade ao proxecto Smart Agro: Territorios rurais, agroalimentarios e intelixentes, unha iniciativa da que forman parte outras 8 deputacións e máis de 30 empresas de toda España co obxectivo de concorrer conxuntamente a fondos europeos co fin de potenciar o sector primario a través da dixitalización e a innovación. “A Deputación de Lugo”, destacou, convértese deste xeito “na entidade de referencia no Norte de España” deste grupo de traballo, pois o resto de institucións presentes son do sur e do centro do país: Córdoba, Cáceres, Badaxoz, Cidade Real, Xaén, Salamanca, Soria e Teruel.
“Apostar polo sector primario é apostar polo futuro da provincia de Lugo. Un futuro que pasa pola formación, pola investigación e pola modernización constante. Un futuro que pasa por iniciativas coma esta”, recalcou Pablo Rivera.
O ciclo de conferencias Robótica agrícola e gandeira busca dar a coñecer as novas tecnoloxías na agricultura e a gandería. Os expertos tratarán durante as dúas xornadas o estado da robotización agrícola e gandeira en España e as tendencias para os próximos anos. Tamén se abordará a imaxe que esta robotización da actividade agrícola está a ter na sociedade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?