Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC convoca as Medallas de Investigación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC convoca as Medallas de Investigación

S. P.
Publicado: 11/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Medallde Investigación da RAGC a María Antonia Señarís
Medallde Investigación da RAGC a María Antonia Señarís
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) convocou as Medallas de Investigación, galardón que recoñece traxectorias senlleiras en investigación, ao tempo que fomenta a promoción da ciencia e a tecnoloxía en Galicia co fin de difundir á sociedade o aprecio polos valores científicos. Estas medallas valoran a traxectoria consolidada de científicas e científicos en activo, cuxa actividade se desenvolveu maioritariamente na nosa comunidade. Achegaranse distincións nos ámbitos da bioloxía e as ciencias da saúde; as ciencias técnicas; a química e a bioloxía; as ciencias económicas e sociais e matemáticas; e a física e as ciencias da computación.
En concreto, outorgaranse cinco medallas de investigación, unha por cada sección da RAGC: Medalla Ánxeles Alvariño González no ámbito da bioloxía e ciencias da saúde; Medalla Isidro Parga Pondal en ciencias técnicas; Medalla Antonio Casares Rodríguez no eido da química e xeoloxía; Medalla Domingo García-Sabell Rivas no das ciencias económicas e sociais; e a Medalla Enrique Vidal Abascal en matemáticas, física e ciencias da computación. O prazo da convocatoria estará aberto ata o 9 de setembro.
As propostas poderán ser presentadas por dez profesores ou por departamentos, institutos ou centros de investigación galegos, podendo ser avaladas conxuntamente por máis dunha entidade. Incorporaranse ademais as propostas de candidatas e candidatos dos tres anos anteriores. As bases da convocatoria especifican que a proposta debe incluír un documento onde se describa a traxectoria investigadora, así como un currículo abreviado da candidata ou candidato.
Cada unha das seccións da RAGC proporá tres candidatas ou candidatos, correspondendo a elección final á xunta de goberno da Academia, que valorará tres dimensións: a contribución á creación de coñecemento por medio de publicacións en libros e revistas; a capacidade de formación (especialmente de doutoras e doutores) e a creación de liñas de traballo e de escola de investigación; e o impacto, considerando a transferencia dos resultados, o liderado en proxectos e redes españolas e internacionais e a inserción na sociedade científica internacional. O premio poderá declarase vacante en calquera das seccións, pero non poderá ser compartido. As propostas remitiranse por correo electrónico a ragciencias@ragc.gal. As premiadas e premiados recibirán sendas medallas acreditativas, que se entregarán nun acto o 6 de outubro con motivo do Día da Ciencia en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?