Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arranca un novo curso de verán no que o Proxecto Nós presentará algunhas das posibilidades máis punteiras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arranca un novo curso de verán no que o Proxecto Nós presentará algunhas das posibilidades máis punteiras

Redacción
Publicado: 12/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20220712_curso_veran_proxecto_nos.jpgO secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración do curso de verán Tecnoloxías da linguaxe: as linguas na sociedade e na economía dixitais, impulsado pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago a través do Instituto da Lingua Galega e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes e coa colaboración de Microsoft, onde salientou a importancia da intelixencia artificial aplicada ás tecnoloxías das linguas como está a demostrar o Proxecto Nós ao que cualificou como “punteiro” ao situar o galego “na vangarda e accedendo a ser unha das linguas dos automatismos nun novo xeito de comunicar e da modernidade”.
Puxo de manifesto, ademais, o bo ritmo do Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da Lingua Galega que está xa na súa segunda fase na que os investigadores avanzan xa co traballo de campo para deseñar prototipos dos recursos, experimentar cos primeiros demostradores e crear bancos de voz a disposición de toda a cidadanía para facilitar que empresas empreguen o galego nas súas tecnoloxías, entre outras accións.
Xunto ao secretario xeral tamén interviron Gabriel López, director de Asuntos de Regulatorios de Microsoft; Mª José López, vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC; David Losada, subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría), e Elisa Fernández e Alberto Bugarín, codirectores do curso e dous dos investigadores principais do Proxecto Nós.

Charlas e mesas redondas

Durante as vindeiras xornadas darase a coñecer as posibilidades que ofrecen a intelixencia artificial e as tecnoloxías lingüísticas para a creación de ferramentas, aplicacións e servizos de uso cotián como son os sistemas de tradución automática, a corrección de texto ou os asistentes virtuais. A través de distintas charlas, mesas redondas e talleres expoñeranse contidos sobre os fundamentos científicos da intelixencia artificial e das tecnoloxías lingüísticas, xunto coas bases tecnolóxicas das aplicacións e as súas posibilidades de uso dun xeito accesible e atractivo. O Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da Lingua Galega é o impulsor deste curso, polo que gran parte dos asuntos son tamén sobre os que están a traballar os investigadores do proxecto.
Ademais de representantes do ámbito académico tamén se conta con integrantes de empresas de referencia no eido tecnolóxico, como Google ou Microsoft no ámbito internacional, centros tecnolóxicos como Vicomtech no ámbito estatal ou Imaxin Software no ámbito galego.
Esta actividade está dirixida a todo o público en xeral, e especialmente a persoas interesadas nas aplicacións e servizos da intelixencia artificial e as tecnoloxías da linguaxe. De forma non exclusiva, estudantes de secundaria, universitarias/os (dos eidos tecnolóxicos, humanísticos e ciencias sociais) e persoas que na súa actividade profesional utilizan ferramentas baseadas nas tecnoloxías da linguaxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?