Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar amplía e reforza a cobertura 5G en 31 poboacións galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar amplía e reforza a cobertura 5G en 31 poboacións galegas

Redacción
Publicado: 13/07/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

3891-girl-on-phone-bondi-beach-1.jpgMovistar reforzou a súa cobertura 5G en 31 municipios galegos tanto de zonas costeiras, especialmente turísticas no verán, como de interior, con gran afluencia de visitantes en datas estivais. En concreto, este despregamento engloba 12 municipios da provincia de Pontevedra, 11 da da Coruña e 8 da de Lugo nos que destacan tanto pequenas poboacións como O Vicedo (Lugo), con menos de 2.000 habitantes, como outras maiores como Cangas (Pontevedra) ou Sada (A Coruña).
En canto ás zonas costeiras, Movistar ampliou e reforzou o 5G nun total de 29 poboacións onde se prevé unha maior concentración de persoas este verán, de modo que dispoñerán de conectividade móbil de altas prestacións coa nova tecnoloxía. As zonas de praia onde a operadora realizou un maior despregamento 5G en Pontevedra son Gondomar, Cangas, Marín, Baiona, Bueu, Cambados, O Grove, A Guarda, Nigrán, Poio, Sanxenxo e Pontevedra. No caso da Coruña trátase de Fisterra, Muxía, Ribeira, Ares, Boiro, Miño, Muros, Porto do Son, Sada, Valdoviño e Ferrol, mentres que no de Lugo engloba os municipios de Barreiros, Cervo, O Vicedo, Foz, Ribadeo e Viveiro.
No caso das poboacións de interior, Movistar ampliou e reforzou o 5G en Portomarín e O Valadouro, en Lugo.
No que respecta ao rango de poboación, Movistar ofrece cobertura 5G tanto en pequenas localidades de praia por exemplo Barreiros e Cervo (Lugo), como en cidades de máis de 60.000 habitantes, como é o caso de Ferrol ou Pontevedra.
Con este despregamento de verán, no que Movistar traballa con varios meses de antelación, a operadora segue avanzando na súa cobertura 5G que xa chega ao 82% da poboación coa instalación de nodos que cobren máis de 38 millóns de habitantes e 1.431 municipios de toda España.
No que resta de ano, Movistar seguirá ampliando e reforzando a cobertura para cubrir o máximo de poboación. Neste sentido, a operadora, líder en Europa en fibra, considera fundamental a combinación da fibra coa 5G para ofrecer a mellor conectividade aos usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?