Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dixitalizaranse 1,8 millóns de expedientes de arquivos xudiciais de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dixitalizaranse 1,8 millóns de expedientes de arquivos xudiciais de Galicia

Redacción
Publicado: 14/07/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

parlamento_de_galicia_fxm3ozgwiaiataa.jpgO director xeral de Xustiza, José Tronchoni, anunciou hoxe no Parlamento galego que nos próximos días adxudicarase o contrato que permitirá dixitalizar máis de 20.100 metros lineais de estantes de varios arquivos xudiciais de Galicia. Así, lembrou que Xunta destinou 772.464 euros á contratación do servizo de dixitalización do catálogo dos fondos documentais custodiados nos depósitos dos arquivos. En concreto, 1,8 millóns de expedientes tendo en conta que, de media, hai depositados 80 expedientes en cada metro de estante de arquivo.
Unha vez seleccionados os adxudicatarios do contrato, estes terán un prazo de 6 meses para realizar os traballos. O director xeral de Xustiza lembrou que estas actuacións forman parte do Plan de Expurgación de Galicia co obxectivo de desconxestionar os órganos xudiciais ao ter organizados mediante arquivos dixitais os depósitos documentais para facilitar a súa localización e recuperación e como paso previo ao expurgo, de ser o caso.
Os traballos levaranse a cabo nos partidos de Carballo, Muros, Noia, Padrón e Ribeira, na provincia da Coruña; nos de A Fonsagrada, Becerreá, Chantada, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria e Viveiro, na provincia de Lugo; nos do Barco de Valdeorras, O Carballiño, A Pobra de Trives e Bande, na provincia de Ourense; e nos de Caldas de Reis, Lalín, Ponteareas, Redondela, e Vigo, en Pontevedra. Tamén se dixitalizarán arquivos en xulgados de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, Santiago, Vilalba e Verín.
José Tronchoni explicou que o ano pasado a Xunta actuou sobre outro millón de expedientes a través dun acordo da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia para a súa retirada. Trátase de 823.243 documentos na provincia de Pontevedra, 100.222 na de Lugo, 35.405 na de Ourense e os 29.771 restantes na da Coruña. Por tanto, a maior parte corresponden ao distrito xudicial de Vigo debido á entrada en funcionamento da nova Cidade da Xustiza. Entre a documentación estudada inclúense xuízos de faltas ou recursos de apelación, suplicación e dilixencias penais, algúns dos máis antigos do ano 1956.
No marco deste plan, o director xeral de Xustiza puxo en valor o traballo de expurgación constante levado a cabo polo Goberno galego, que permitiu transferir á Xunta de Expurgación Xudicial máis de 1,2 millóns de expedientes equivalentes a 10 quilómetros lineais, xunto coa destrución dun cento de pezas de convicción en identificar e pertencentes a dilixencias penais arquivadas.
Estes resultados do plan foron posibles grazas á constitución da Xunta de Expurgación en febreiro de 2013, á inmediata posta en marcha dunha experiencia piloto no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e na Audiencia Provincial de Pontevedra e á dotación de persoal técnico aos catro arquivos territoriais das catro provinciais. Para facilitar as tarefas de expurgo de documentación, o Goberno galego puxo a disposición dos órganos xudiciais unha aplicación informática na que segue a avanzar e que garante o rastrexo e localización dos arquivos.
Deste xeito, a Xunta impulsou a elaboración de normas de desenvolvemento para facer efectiva a organización e expurgo da documentación xudicial e dotou de persoal técnico aos 4 arquivos territoriais provinciais, ademais de elaborar unha aplicación informática para a xestión do ciclo de vida dos documentos e expedientes xudiciais e o control das pezas de convicción existentes. Estes traballos permitiron eliminar 100 toneladas de pezas de convicción, o que permite liberar espazo nas sedes xudiciais.
Grazas a todas estas actuacións, máis de 1,2 millóns de expedientes foron transferidos á Xunta de Expurgación Xudicial e aos arquivos históricos provinciais.
O director xeral de Xustiza asegurou que este plan de expurgo na Administración de Xustiza contribúe a facilitar o acceso á documentación dos arquivos xudiciais, conservar de forma adecuada os documentos con valor histórico, organizar a documentación de para que quede mellor ordenada para unha mellor xestión diaria ademais de desconxestionar as instalacións xudiciais gañando máis espazo.
Cómpre lembrar que o proxecto de Expurgo da Documentación Xudicial de Galicia foi recoñecido co Premio á Calidade da Xustiza outorgado polo Consello Xeral do Poder Xudicial como referente na busca da mellora da calidade do servizo público dunha xustiza accesible. Ademais, as actuacións levadas a cabo teñen permitido identificar expedientes de interese histórico para a súa conservación permanente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?