Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentan o videoxogo deseñado na primeira Residencia Artística de Creación Dixital no Gaiás
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentan o videoxogo deseñado na primeira Residencia Artística de Creación Dixital no Gaiás

Redacción
Publicado: 14/07/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20220715_arnoia_01.jpgA Cidade da Cultura acolleu esta mañá a presentación do prototipo de videoxogo Retorno Arnoia, resultado do traballo realizado polo alumnado na Universidade de Vigo na primeira residencia artística enfocada á creación dixital impulsada de maneira conxunta pola Xunta de Galicia e a institución viguesa. A directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, subliñou a experiencia como pioneira no marco das accións que o Gaiás está a desenvolver para apoiar a creación artística e cultural en Galicia.
Trátase da primeira residencia, explicou a representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, que integrou perfís diversos, desde o artístico ao tecnolóxico, nun equipo que traballou ao unísono para dar forma a un proxecto cultural tan innovador e esixente como é un videoxogo. O alumnado participante son egresados en Comunicación Audiovisual, Publicidade, Belas Artes, Telecomunicación e Informática e dedicou horas a deseñar, debuxar, animar, programar e sobre todo comprobar e descartar erros nunha estadía intensiva que durou pouco máis de catro fins de semana, pero que lles valeu para mellorar as súas competencias e experimentar de cheo todas as fases de desenvolvemento do xogo.
20220715_arnoia_03.jpgO froito deste traballo é un videoxogo de plataformas inspirado nun clásico da literatura xuvenil galega, Arnoia, Arnoia, do escritor ourensán Xosé Luís Méndez Ferrín. Nel, o protagonista ten que superar diferentes obstáculos e inimigos en cada nivel, empregando mecánicas similares a clásicos do xénero como o Super Mario. Na presentación, o alumnado fixo unha demostración comentada en vivo do xogo, aberta tanto ao público asistente ao acto como a toda a audiencia que seguiu a retransmisión en streaming.
A presentación contou ademais coa participación da profesora da Universidade de Vigo Beatriz Legerén Lago, que formou parte do equipo docente que asesorou ao alumnado durante a súa residencia, e de Antonio Piñeiro, secretario da Fundación Curros Enríquez, que se implicou desde o comezo no proxecto e trasladou unhas palabras en nome de Méndez Ferrín.

Inspiración nun clásico da literatura galega

20220715_arnoia_02.jpgDo mesmo xeito que o protagonista da novela, Nmógadah, é apresado pola tribo mineira dos Grou e obrigado a cavar para atopar a Trabe de Ouro dos Profundos, o protagonista do videoxogo debe buscar o seu propio camiño no interior dunha mina na que agardan tesouros e perigos, mentres o xogador vai descubrindo en paralelo as motivacións do protagonista. Escoller entre ir cara arriba ou cara abaixo influirá igualmente na historia que coñecerá durante a súa experiencia de xogo.
Máis aló do resultado final, os nove alumnos participantes na residencia COMTECART no Gaiás valoraron especialmente a aprendizaxe en común, a posibilidade de coñecer as dinámicas reais coas que se traballa na industria e a exploración das posibilidades que o sector, un dos máis relevantes dentro das industrias culturais e creativas, lles pode ofrecer para o seu desenvolvemento a nivel profesional.
Para a Xunta de Galicia, esta primeira colaboración coa Universidade de Vigo no ámbito das artes dixitais e os videoxogos, que impulsou o anterior vicerreitor do Campus Universitario de Pontevedra, Jorge Soto, veu ampliar a liña de traballo iniciada xa en 2021 para consolidar o Gaiás como rótula do ecosistema cultural galego. Apoiar o talento e dar visibilidade á creación contemporánea son os dous piares dun programa de residencias artísticas que medra en alcance e ambición, con ao redor de 25 proxectos apoiados en 2022. Precisamente, recordou a directora-xerente da Cidade da Cultura, ata o 8 de agosto está aberto o prazo para participar na convocatoria destas residencias para a segunda metade do ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?