Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica e a firma galega Spica dixitalizan con éxito o sistema de plenos do Concello de Collado Villalba
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica e a firma galega Spica dixitalizan con éxito o sistema de plenos do Concello de Collado Villalba

S. P.
Publicado: 14/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

unnamed_2_.jpgTelefónica vén de facer balance do acadado pola solución Seneca no Concello de Collado Villalba, en Madrid. Trátase dunha solución de plenos híbridos que se integra de forma permanente en contornas semipresenciais. Foi implantada e desenvolvida no dito Consistorio por Telefónica Empresas e a firma galega Spica, con sede en Vigo. Segundo fixeron saber, o sistema superou os seus obxectivos nos seus nove primeiros meses de vida. Neste período de tempo graváronse máis de 100 encontros e eventos, dixitalizado todos os plenos ordinarios e extraordinarios e o seu contido online foi visto por un de cada 21 cidadáns da localidade madrileña. O sistema, engade a operadora, “permitiu unha maior flexibilidade laboral aos traballadores do Concello e facilitou que as máis de 63.000 persoas que forman parte da poboación deste termo municipal poidan estar informadas as decisións que se toman a nivel local”.
Desde Telefónica e Spica destacan “o beneficio que supón para os habitantes de Collado Villalba ter unha Administración cada vez máis dixitalizada, con ferramentas como Seneca para poder acceder de forma áxil, segura e en remoto ao momento da orde do día que sexa do seu interese sen necesidade de ver ou descargar todo o debate”.
O funcionamento do sistema é o seguinte. Cando un concelleiro acende o seu micrófono, o software Seneca apunta o seu nome para facilitar a posterior procura da súa intervención e, ademais enfócao automaticamente cunha das cámaras do salón de plenos. Desta forma, a intervención retransmítese en streaming e grávase para que se poida consultar posteriormente na mediateca Seneca do Concello en Internet. Pouco tempo despois de finalizado o pleno publícase de xeito automático na mediateca onde a gravación aparece estruturada por puntos da orde do día e intervencións facilitando o acceso directo ao tema que interesa.
De face ao seu uso polos cidadáns, eles poden conectarse de balde á plataforma a través dun PC, móbil ou tableta. Amais, engaden Telefónica e Spica, “grazas á procura asociada baseada en Intelixencia Artificial poden acceder ás declaracións específicas dun político ou á referencia dun tema concreto”.
O sistema tamén conta cunha ferramenta de acceso segundo o perfil do usuario, contando con cinco niveles de protección. Ademais, as sesións etiquétanse segundo as partes asociadas, como, por exemplo, o tipo de orador (presidente, secretario, etc.) ou de órgano que se reúne (pleno, comisión, etc.). Así mesmo, pódense incluír outros esquemas de clasificación xerárquicos para almacenar gravacións non lexislativas de forma ordenada. As gravacións permanecen na institución e sóbese unha copia á mediateca de Seneca na nube, reducindo o risco de perder o contido se a institución é atacada por un ciberdelincuente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?