Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta habilita un chat bot para facilitar a comunicación da presenza de niños de velutinas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta habilita un chat bot para facilitar a comunicación da presenza de niños de velutinas

S. P.
Publicado: 15/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20220715dxalvelutinas2.jpgA directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixeron este 15 de xullo balance do programa galego de vixilancia e control fronte á vaespa velutina acordado entre a Xunta e os concellos a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Nun encontro con representantes da empresa pública SEAGA, da central de chamadas do 012 e do 112 Galicia anunciouse unha nova ferramenta tecnolóxica, con feitura de chat bot, para combater a presenza da devandita especie invasora.
A ferramenta foi posta en marcha esta mesma semana para que a cidadanía poida comunicar á Xunta a presenza de niños de avespa velutina como vía complementaria ao Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012.
Esta canle de comunicación, segundo explicou a directora xeral de Administración Local, “é unha contorna de conversa semellante a doutros servizos en liña que conta con opcións pechadas de resposta para guiar aos usuarios co obxectivo de rexistrar o aviso de maneira axeitada”. A través dela, os cidadáns teñen á súa disposición este servizo as 24 horas do día os 365 días do ano ao que se pode acceder desde a páxina web do 012.
A directora xeral tamén fixo saber que esta nova aplicación “contribuirá a avanzar na dixitalización do 012”. Tamén anunciou que a Xunta, “ao igual que o ano pasado”, reforzará dende este 16 de xullo e ata mediados de setembro a liña específica do Teléfono 012 para atender os avisos de niños de velutina estendendo a súa cobertura a tódolos días da semana en horario entre as 08,00 e as 20,00 horas, mentres que o resto do ano está activa de luns a venres tamén nese horario e os sábados de 08,00 a 17,30 horas.
Natalia Prieto incidiu na importancia da colaboración cidadá e a necesidade de que contacten co teléfono 012 cando detecten un niño de avespa velutina e informen da súa presenza co obxectivo de minimizar o seu impacto e frear o seu avance na comunidade galega.
Lembrou tamén, dixitalmente falando, que a Xunta informa á cidadanía do estado das súas comunicacións mediante o servizo de comunicación de resolución de avisos SMS, desde o que foron enviadas no primeiro semestre deste ano máis de 6.100 mensaxes; e que o ano pasado integrouse nese servizo a nova aplicación Controlvelutina na que os efectivos de SEAGA xestionan os avisos introducindo en tempo real os datos de xeolocalización e fotografías do niño, as observacións de cada caso e o resultado final.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?