Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo BiciCoruña suma preto de 1.200 altas dende a activación da web e a app do servizo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo BiciCoruña suma preto de 1.200 altas dende a activación da web e a app do servizo

S. P.
Publicado: 15/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bicicoruna_aplicacion.jpgO Concello da Coruña vén de facer balance da actividade xerada ata o de agora polo servizo de BiciCoruña, unha actividade ligada ao lecer, o deporte e á mobilidade pero tamén ao ámbito dos dispositivos electrónicos, xa que os móbiles dos usuarios son a “clave” para acceder ao servizo. Segundo fai saber o Consistorio, sumáronse neste nova andaina (unha andaina de “completa renovación”) 1.196 altas das que 300 se corresponden con novos usuarios. O martes 12 de xullo instaláronse as novas bicicletas nas diferentes estacións da cidade e activouse a nova páxina web (bicicoruna.gal) e a nova aplicación móbil. “Desde entón”, informou o Concello, “o servizo recibiu numerosas altas, atraídas pola incorporación das bicicletas eléctricas”.
O Goberno local tamén lembra que nesta nova andaina foi instalado un punto de información permanente na estación de BiciCoruña do Obelisco e que persoal de EMVSA percorre de maneira itinerante o resto de estacións para resolver dúbidas das persoas usuarias. Ademais, o Concello tamén reforzou as súas redes sociais neste sentido para atender de maneira instantánea á cidadanía.
O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, confirmou que a vindeira semana comezará a instalación de oito novas estacións de BiciCoruña. Trátase de Durmideiras, Mestranza, Cidade Escolar, Orillamar, Rolda de Nelle, Picavia, Ágora e Parque do Agra. Está previsto que antes de finalizar o ano sexan 55 as estacións dispoñibles para a cidadanía. O edil lembrou igualmente que se atopa dispoñible a aplicación móbil PBSC (Public Bike System Company) tanto en Android como iOS. Nela deberemos seleccionar como servizo BiciCoruña e atoparemos “todas as indicacións necesarias para retirar bicicletas e información de utilidade como a dispoñibilidade de bicicletas nas estacións”, sinalou.,
O concelleiro destacou tamén que os usuarios que xa estaban operativos co sistema anterior sumaránselle á súa data de caducidade 52 días: 30 días polo tempo que estivo parado o servizo, 15 días de compensación por ese parón e 7 días máis para poder facer a migración.
O novo sevizo BiciCoruña
A renovación do sistema de BiciCoruña supón a incorporación de 514 bicicletas novas, das que 172 son eléctricas e 342, mecánicas. As novas bicicletas eléctricas superarán en cifras o total que había en circulación ata o de agora. Ademais, haberá un total de 990 puntos de estacionamento, con base de carga, repartidos en 55 estacións cunha capacidade mínima de 15 postos. Trátase de “estacións modulares robustas e cun sistema antivandalismo”, en palabras do Concello.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?