A empresa galega Cinfo e a alemá Kipu Quantum asinaron este verán un acordo para impulsar o desenvolvemento da tecnoloxía e aplicacións de computación cuántica no mercado ibérico. En base a esta alianza, Cinfo utilizará o exclusivo enfoque de computación cuántica de propósito específico de Kipu para crear novas aplicacións para os clientes da Península.
A empresa galega destacou o importante potencial da computación cuántica, unha tecnoloxía emerxente que ten capacidade para resolver tarefas imposibles de levar a bo porto a través dos supercomputadores convencionais (tarefas de vilta importancia para ámbitos como o modelo financieiro, o deseño de moléculas, a loxística ou a Intelixencia Artificial, entre outras moitas). Cinfo tamén lembrou, con motivo deste acordo, que se ben o impulso definitivo a este tipo de cálculo aínda está por chegar (debido principalmente a que o hardware dos computadores cuánticos atópase aínda na súa primeira fase de desenvolvemento, e resolver problemas do mundo real coa aproximación cuántica tradicional require millóns de quantum bits cando os computadores máis avanzados existentes poden ofrecer só uns centos de qubits), tecnoloxías como a de Kipu Quantum’s teñen a capacidade de reducir esas necesidades de recursos de forma que se poderán resolver problemas reais a curto prazo.
Neste senso, desenvolvendores de Cinfo xa foron formados nos conceptos da tecnoloxía de Kipu Quantum e prevese incorporar novos reforzos ao equipo. O Quantum Team de Cinfo aplicará os conceptos de Kipu Quantum para buscar a vantaxe cuántica sobre os supercomputadores actuais con vistas a dar servizo a empresas de telecomunicacións, moda, deportes, TV e, tamén, aplicacións de goberno intelixente. Os proxectos desenvolvidos por Cinfo contarán coa gabaxe e o coñecemento de Kipu Quantum á hora de adaptar o problema para que sexa mellor resolvido por ordenadores cuánticos reais. Grazas a esta colaboración, Kipu Quantum estenderá o seu alcance en grandes empresas da Península que empezan a demandar tecnoloxía cuántica.
Enrique Solano, fundador e director científico (CSO) de Kipu Quantum, comentou: “Desenvolvemos a base técnica de Kipu Quantum en parte en Bilbao, España, polo que persoalmente estou moi emocionado de levar agora os froitos de dúas décadas de traballo científico aos usuarios ibéricos. Cinfo é o socio ideal para facer que iso aconteza desde Galicia a España, Latinoamérica e Europa con mentalidade disruptiva, investimentos estratéxicos e talento proactivo”.
Pola súa banda, Antonio Rodríguez del Corral, fundador e director executivo de Cinfo, sinalou: “Estamos entusiasmados coas novas oportunidades que esta asociación con Kipu Quantum brinda a Cinfo. Conquistounos a orixinalidade e a aplicabilidade da tecnoloxía Kipu Quantum e esperamos comezar axiña proxectos relacionados coas demandas dos clientes dos nosos mercados principais, deporte, TV e telecomunicacións. Esta alianza é tamén unha oportunidade para o talento novo de Galicia e España, onde esperamos que noticias como estas axuden a incrementar a atracción de perfís interdisciplinares cara ás carreiras STEM e ao retorno de talento”.
Kipu Quantum é unha startup alemá baseada en Munich que opera con disruptivas solucións de algoritmos cuánticos dentro do espazo mundial deste tipo de computación. Fundada en 2021, Kipu Quantum ten o potencial de resolver problemas relevantes para a industria da orde de 1000-5000 Qubits físicos debido aos novos métodos de compresión algorítmica e as capacidades de deseño de computación cuántica. A tecnoloxía de Kipu é compatible con todos os enfoques de hardware líderes e actualmente está a probar a súa tecnoloxía de compresión con clientes da industria farmacéutica, química, loxística, de Intelixencia Artificial e financeira.
A galega Cinfo creará un equipo de desenvolvedores de algoritmos cuánticos
Compartir Este Artigo

