O Aeródromo das Rozas, en Lugo, acollerá esta fin de semana, entre este venres 22 e o domingo 24 de xullo, a XV edición do Criterium Aeronáutico, organizado polo Real Aeroclub de Lugo. A celebración coincidirá coa Volta Aérea a Galicia, que este ano (37 edición) puntuará para o Campionato Nacional, segundo se fixo saber na presentación do evento na Deputación de Lugo, que contribúe á celebración do mesmo cun financiamento de 10.000 euros.
Na presentación tamén participaron o presidente do Real Aeroclub de Lugo, Luis Abelleira; o concelleiro de Deportes e Xuventude de Lugo, Mauricio Repetto; o alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado Teijeiiro, e o xefe do servizo autonómico de Deportes en Lugo, Manuel Otero.
O programa inclúe saltos en paracaídas, voos de introdución, avións acrobáticos, un simulador, exposición de aeronaves históricas ou demostracións con drons. Tamén están previstas exposicións de diferentes aparellos e tecnoloxías de INTA, de Aerum Aviaton Gropu e da multinacional Indra, todas elas empresas do polo tecnolóxico e industrial das Rozas, centrado no impulso dos vehículos aéreos non tripulados. Amais, os estudantes do Ciclo de Aeromecánica do CIFP de AS Mercedes mostrarán os seus proxectos aeronáuticos. O horario das actividades será de 9.00 a 14.00 horas e de 16 a 20.00 horas.
A industria de drons volve lucir deseños no XV Criterium Aeronáutico que comeza este venres
Compartir Este Artigo

