Ribadeo acolleu este 29 de xullo unha sesión dos encontros de networking Galicia Empresa, na que participaron pemes e persoas autónomas da comarca, amais do conselleiro de Economía, Francisco Conde. Na cita mostráronse as experiencias de innovación da compañía local Nigal, que ofrece solucións avanzadas de Intelixencia Artificial, e Pescados Orol, con sede en Burela.
Conde salientou que en Galiciae estase a producir un “cambio de paradigma” na empresa, a través da dixitalización e a sustentabilidade. Así, apuntou que as compañías “deben ser máis competitivas desde o punto de vista enerxético, investindo en renovables; apostar pola innovación e a economía circular, e optimizar a loxística”.
Na xuntanza achegáronse figuras como a Oficina Galicia Empresa e a Secretaría Xeral de Industria, a través das cales a Xunta busca trasladar confianza e seguridade xurídica ao tecido empresarial e apoiar os seus investimentos, achegando tamén orientación e asesoramento aos proxectos.
Na xuntanza celebrada en Ribadeo informouse tamén de distintas convocatorias de axudas que o empresariado ten ao seu dispor. Así, Conde fixo saber que nestes momentos están abertas dúas liñas de axudas que suman 7 millóns de euros co obxectivo de impulsar a súa transformación dixital e modelos produtivos baseados na economía circular.
No encontro, organizado en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo, coa que a Xunta ten en marcha o programa Conecta Lugo, compartiron as súas experiencias no eido da innovación e a sustentabilidade representantes da compañía ribadense Nigal, que achega solucións de Intelixencia aArtificial, e Pescados Orol, de Burela.
O vicepresidente económico, que tivo a ocasión de escoitar as propostas dos participantes na reunión, sinalou a oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation, apuntando que o obxectivo das distintas administracións “ten que ser único e eu creo que é compartido: se hai unha idea vamos a levala a termo con todos os instrumentos que teñamos a disposición”.
A dixitalización das pemes foi o tema principal dunha sesión de Galicia Empresa en Ribadeo
Compartir Este Artigo

