Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Case medio cento de proxectos galegos para cinema, TV e plataformas reciben 1,2 millóns en axudas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Case medio cento de proxectos galegos para cinema, TV e plataformas reciben 1,2 millóns en axudas

S. P.
Publicado: 01/08/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

video_demanda_vod.jpgA Xunta adxudicou 1,2 millóns de euros en axudas do seu Hub Audiovisual a 12 produtoras galegas para “propiciar o desenvolvemento simultáneo de 47 futuros proxectos para cinema, televisión e plataformas de vídeo baixo demanda”. Trátase dun fondo concibido como capital semente co obxectivo de que “cada unha das beneficiarias poida traballar na preprodución de entre tres e cinco títulos á vez, de xeito que se multipliquen as posibilidades de éxito cara á súa produción”, informou a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), engadindo que outra das finalidades é reactivar “a contratación de profesionais e servizos relacionados”.
Segundo a resolución publicada na web da Axencia Galega das Industrias Culturais, Abano Producións, Cósmica Producións, CTV, Ficción Producciones, Filmika Galaika, Frida Films, Maruxiña Film Company, Miramemira, Portocabo TV, Somadrome Films, Vaca Films Studio e Zeitun Films son as beneficiarias desta convocatoria extraordinaria, a través da que recibirán diferentes contías que oscilan entre os 65.000 e os 150.000 euros.
AGADIC engade que estas subvencións están inspiradas no modelo Slate Funding do subprograma Media de Europa Creativa e pensadas especificamente para paquetes de proxectos sobre os que as produtoras beneficiarias teñen dereitos suficientes de propiedade intelectual, así como un acordo ou precontrato coas persoas encargadas do guión e da dirección. A Xunta quere contribuír deste xeito a “dotalas dos medios suficientes para afrontar a preprodución en paralelo das súas propostas, entre as que se atopan longametraxes e series de ficción, animación e documentais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?